Scratch Acid foi unha banda estadounidense de noise rock procedente de Austin, Texas, e formada no ano 1982. Inicialmente estivo composto por Steve Anderson (voces), David Wm. Sims (guitarra), Brett Bradford (guitarra), David Yow (baixo) e Rey Washam (batería). Anderson foi expulsado da banda antes de que gravasen algún álbum, facendo que Yow pasase a encargarse das voces e Sims do baixo.

Os dous primeiros traballos de Scratch Acid foron editados polo selo independente de Texas Rabid Cat, o terceiro e derradeiro pola discográfica Touch and Go Records. Un recompilatorio postumo titulado The Greatest Gift, lanzouse pola Touch and Go Records en 1991.

O xornalista musical Will Lerner falou da banda como "a equivalente estadounidense de The Birthday Party". Despois de gañar reputación como unha tola e ruidosa banda de punk, Scratch Acid separouse en 1987. Segundo o libreto de The Greatest Gift, os membros da banda nunca recibiron compensación algunha por parte de Rabid Cat ou Fundamental Records (que distribuia os seus discos en Europa).

Discografía Álbum Ano Selo Observacións Scratch Acid 1984 Rabid Cat EP Just Keep Eating 1986 Rabid Cat Berserker 1987 Touch and Go Records EP The Greatest Gift 1991 Touch and Go Records recompilatorio

Categoría:Grupos musicais de post-hardcore Categoría:Grupos musicais de noise rock Categoría:Grupos musicais de Austin, Texas