A selección de fútbol de Paraguai é o equipo representativo de Paraguai nas competicións internacioais oficiais de fútbol. A súa organización está a cargo da Asociación Paraguaia de Fútbol (APF), pertencente á Conmebol. Os guaraníes, como son coñecidos popularmente, estiveron presentes en oito edicións da Copa Mundial de Fútbol, o campionato máis importante no que unha selección nacional pode competir. Foron os de 1930, 1950, 1958, 1986, 1998, 2002, 2006 e 2010. Até o momento, a mellor clasificación puido acadar neste torneo é a de cuartos de final, obxectivo acadado no Mundial de Suráfrica 2010.

Participou na Copa América en trinta e tres ocasións, conquistándoa nos anos 1953 e 1979, en cuxas finais derrotou ás seleccións do Brasil e , respectivamente. Obtivo ademais o subcampionato cinco veces: en 1922, 1929, 1947, 1949 e 1963. O seu maior éxito nuns Xogos Olímpicos produciuse no torneo masculino de Atenas 2004, onde gañou a medalla de prata. Neste certame a selección paraguaia disputou por primeira e única vez a final dunha competición a nivel mundial. Previamente obtivera a súa pasaxe tras finalizar no segundo lugar do Preolímpico Suramericano Sub-23 de 2004, vencendo no último partido á selección brasileira, quedando esta eliminada. Tamén se clasificou para o torneo masculino de Barcelona 1992, onde chegou até os cuartos de final, gañando como anfitrión o título de campión preolímpico suramericano.

Historia Paraguai acandou a segunda fase da Copa do Mundo en tres ocasións (en 1986, 1998 e 2002) mais só acandou a terceira fase unha vez (en 2010). As únicas vitorias de Paraguai nun torneo internacional aconteceron na Copa América, na cal triunfaron en dúas ocasións, 1953 e 1979. Tamén gañaron unha medalla de prata no torneo de fútbol dos Xogos Olímpicos de Atenas 2004, sendo derrotados por 1 a 0 da man na final.

Despois da contratación como técnico da selección paraguaia do arxentino Gerardo Martín, a selección paraguaia de fútbol mudou o seu antigo comportamento defensivo, pola marca de presión na zona de medio campo e un xogo ofensivo, apoiado coa aparición de mediocampistas como Christian Riveros, Enrique Vira ou Edgar Barreto entre outros; atacantes con alta porcentaxe de goles como Salvador Cabañas, Roque Santa Cruz ou Nelson Haedo Valdez , todos eles mozos formados en clubs europeos e mexicanos. Esta mestura de xogo ofensivo e táctica deron como resultado unha medalla de prata nas Olimpíadas de Atenas. Paraguai ten tradición no fútbol sala sendo, inclusive, campión mundial en 1988 nun campionato organizado pola FIFUSA (que aínda non ten o recoñecemento da FIFA).

Resultados Copa Mundial de Fútbol Ano Fase Posición PX PG PE PP GF GC Uruguai 1930 Primeira fase 9° 2 1 0 1 1 3 border|20px|Italia Italia 1934Non participou Francia 1938 border|20px|Brasil Brasil 1950 Primeira fase 11° 2 0 1 1 2 4 Suíza 1954Non se clasificou Suecia 1958 Primeira fase 12° 3 1 1 1 9 12 Chile 1962Non se clasificou Inglaterra 1966 México 1970 Alemaña 1974 Arxentina 1978 España 1982 México 1986 Oitavos de final 13° 4 1 2 1 4 6 Italia 1990Non se clasificou Estados Unidos 1994 Francia 1998 Oitavos de final 14° 4 1 2 1 3 2 Corea/Xapón 2002 Oitavos de final 16° 4 1 1 2 6 7 Alemaña 2006 Primeira fase 18° 3 1 0 2 2 2 Suráfrica 2010 Cuartos de final 8° 5 1 3 1 3 2 Brasil 2014Non se clasificou Rusia 2018 Total - 22°27710103038

Copa América Copa América1916 Non participou1917 Non participou1919 Non participou1920 Non participou1921 4º lugar1922 Final - 2º lugar1923 3º lugar1924 3º lugar1925 3º lugar1926 4º lugar1927 Retirouse1929 Final - 2º lugar1935 Retirouse1937 4º lugar1939 3º lugar1941 Retirouse1942 4º lugar1945 Retirouse1946 3º lugar1947 Final - 2º lugar1949 Final - 2º lugar1953 15px Campión1955 5º lugar1956 5º lugar1957 Retirouse1959 3º lugar1959 5º lugar1963 Final - 2º lugar1967 4º lugar1975 4º lugar1979 15px Campión1983 4º lugar1987 Primeira fase1989 4º lugar1991 Primeira fase1993 Cuartos de final1995 Cuartos de final1997 7° lugar1999 6° lugar2001 10° lugar2004 5° lugar2007 5° lugar2011 Final - 2° lugar2015 4° lugar2016 13° lugar Táboa xeral: 4º postoPtsPXPGPEPPGFGCDifRend213153613062241270-2939,7%

Xogadores

Máis partidos disputados #NomePeríodoPartidosGoles1Carlos Gamarra1993-2006110122Roberto Acuña1993-20069753Denis CanizaDende 19969814Celso Ayala1993-20038565José Cardozo1991-200682256Roberto Fernández1976-19897807Juan Bautista Torales1979-19897718José Luis Chilavert1989-2003748Estanislao Struway1991-2002744Carlos ParedesDende 19987410

Máximos goleadores da selección miniatura|155px|Roque Santa Cruz. #XogadorPeríodoGoles Partidos1José Saturnino Cardozo1991-200625822Roque Santa CruzDende 199921723Saturnino Arrúa1969-19801326Julio César Romero1979-198613325Gerardo Rivas1921-19261232Carlos Gamarra1993-2006121107Roberto Cabañas1981-19931128Miguel Ángel Benítez1996-19991129

Véxase tamén Outros artigos Asociación Paraguaia de Fútbol

Ligazóns externas Páxina web da Asociación Paraguaia de Fútbol

Categoría:Fútbol en Paraguai Categoría:Selección de fútbol de Paraguai