The Cramps foi unha banda estadounidense de garage punk formada en 1976 e activa ata o ano 2009. A banda desapareceu despois da morte do vocalista Lux Interior.The Wild Wild World of The Cramps: Ian Johnston, Omnibus Press, 1990 A súa composición variou moito ao longo da súa traxectoria, sendo os únicos membros constantes o matrimonio formado por Lux Interior e a guitarrista Poison Ivy. O guitarrista Bryan Gregory e o batería Pam Ballam completaron a primeira formación en abril de 1976.

O grupo formou parte do primeiro movemento punk rock xurdido de Nova York. The Cramps destacan por influenciar a varios estilos musicais, xa que é unha das primeiras bandas de garage punk e tamén a primeira que mesturou o punk rock co rockabilly, polo que son recoñecidos como un dos principais innovadores do psychobilly, inspirando a moitas das primeiras bandas de rock gótico.

Discografía Álbum Ano Selo Observacións Songs the Lord Taught Us 1980 Illegal Psychedelic Jungle 1981 I.R.S. Smell of Female 1983 Big Beat Directo no Peppermint Lounge A Date with Elvis 1986 Big Beat Stay Sick 1990 Enigma Look Mom No Head! 1991 Enigma Flamejob 1994 Creation Big Beat from Badsville 1997 Epitaph Fiends of Dope Island 2002 Vengeance Gravest Gravy 2026 Vengeance

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Grupos musicais de garage punk Categoría:Grupos musicais de psychobilly Categoría:Grupos musicais de punk blues Categoría:Grupos musicais de horror punk Categoría:Grupos musicais de Sacramento Categoría:Grupos musicais formados en 1976 Categoría:Artistas de I.R.S. Records Categoría:Artistas de Creation Records