miniatura|dereita|Emilio Aguinaldo Emilio Aguinaldo y Famy, nado en Kawit o 22 de marzo de 1869 e finado en Quezón o 6 de febreiro de 1964, foi un militar e político filipino. Traxectoria

En Filipinas considérase o primeiro presidente do país, aínda que non foi recoñecido internacionalmente. Procedente dunha familia mestiza chinesa e tagala. Rival de Andrés Bonifacio dentro do movemento independentista, impúxose a este mediante unhas elecciónsNicholas Tarling The Cambridge History of Southeast Asia, Volume 2, Cambridge University Press, 2ª ed., 1999, páxina 256, foi Comandante das forzas que se sublevaron contra España (1896-1898), e líder da insurrección contra dos Estados Unidos (1899-1901), o 12 de xuño de 1899 declarou a independencia de Filipinas e unha convención constitucional elixiuno presidente o 1 de xaneiro de 1899. Capturado polo xeneral Frederick Funston o 23 de marzo de 1901, xurou lealdade aos Estados Unidos e retirouse da política.

Notas

Categoría:Presidentes de Filipinas Categoría:Militares de Filipinas

Categoría:Nados en 1869 Categoría:Nados en Filipinas Categoría:Finados en 1964