Zamora é unha cidade situada en Castela e León, capital da provincia de Zamora. En 2017 tiña 62 389 habitantes. Está atravesada polo río Douro, que continúa cara a Portugal.

Artisticamente ten numerosas igrexas de estilo románico, destacando a súa catedral, do mesmo estilo. Esta cidade tivo a súa etapa de maior importancia política durante a Reconquista.

Xeografía O termo municipal de Zamora ten unha extensión de 149,28 km². É a capital de provincia situada a menos altitude da Meseta Norte. Sitúase no curso medio do río Douro, cunha configuración lonxitudinal ao longo do mesmo, na extensa rexión que forma a Meseta Norte, a parte da Meseta Central situada ao norte do Sistema Central, na zona noroeste da Península Ibérica. Presenta unha paisaxe chaira, e con escasa vexetación por mor do seu clima mediterráneo con trazos de continentalidade.

A parte oriental está sobre a veiga do río e actúa como fronteira coas comarcas de Tierra del Pan e Tierra del Vino, situadas ao norte e ao sur respectivamente. A parte occidental é por onde se separa do río cara ao norte e actúa de fronteira coas comarcas de Tierra de Alba e de Sayago.

O núcleo principal do centro urbano, cunha disposición moi alongada e en boa parte rodeado por murallas, álzase sobre unha ampla meseta rochosa de 26 a 32 metros de altura, emprazada á beira do río Douro, que a cingue polo sur, características que lle valeron o sobrenome de "A ben cercada". A altitude é de 652,6 msnm.

Demografía miniatura|300px|Evolución demográfica comparativa de Zamora capital e Zamora provincia, 1900-2005. Durante o século XX o municipio de Zamora creceu de xeito regular, mais o conxunto da provincia perdeu poboación. Desde 1900, a capital multiplicou o número de habitantes por 4,06 (16.287 habs. en 1900, 66.135 en 2007, mentres que a provincia perdeu un 28%. A resultas deste dobre proceso, a capital, que representaba só o 5,9% do total da provincia en 1900, acolle en 2005 ao 33,4% dos seus habitantes.

Características miniatura|esquerda|Palacio de Xustiza thumb|esquerda|Parador A zona vella da cidade está catalogada como Conxunto Histórico-Artístico desde 1973, o seu núcleo principal que conta cunha disposición moi alongada e en boa parte está circundado polas murallas, levantándose sobre unha ampla meseta rochosa de 26 a 32 metros de altura, que no sur contorna o río Douro. Salientan o seu conxunto de edificios románicos, formado polos 23 templos do concello e as 14 igrexas da zona vella. Entre os principais monumentos está a catedral, o castelo, as murallas, a ponte, e dous palacios. Son quince os templos declarados Ben de Interese Cultural, entre eles algúns de estilos posteriores.Rivera de las Heras, José Ángel (2001). Por la catedral, iglesias y ermitas de la ciudad de Zamora Ediciones Leonesas, S.A. (Edilesa). ISBN 84-8012-356-7. p.12. Tamén é significativo o seu conxunto de edificios modernistas, dezanove en total.

Notas

Categoría:Zamora