miniatura|200px|dereita|Tropas imperiais en Santiago de Compostela. A guerra das galaxias (en inglés Star Wars, literalmente «guerras estelares» ou «guerras das estrelas») é unha serie de oito filmes de ciencia ficción creada polo produtor, director e guionista norteamericano George Lucas, tralo éxito de American Graffiti. A serie comezou en 1977 con Star Wars Episodio IV: Unha Nova Esperanza, e dende entón converteuse nun fenómeno social e cultural, do que se crearon novelas, historias en banda deseñada, videoxogos... Isto permitiu a Lucas ampliar a historia con dous episodios máis: O Imperio Contraataca e O Retorno do Jedi, que continuarían o grande éxito da primeira. Vinte anos máis tarde, George Lucas comezaría a traballar nunha nova triloxía que narraría a historia inicial vinte anos antes do que acontece no episodio IV, desvelando a orixe de tódolos personaxes e da trama. Así, a nova triloxía consta dos Episodios I, II e III: A Ameaza Pantasma, O Ataque dos Clons e A Vinganza dos Sith, que resultarían un novo éxito comercial, pero un fracaso rotundo na crítica que fixo que o propio Lucas se retirase da dirección de novas películas da saga.
Trama A historia comeza cun evocador Hai moito tempo, nunha galaxia moi, moi lonxe... e narra, se seguimos a orde dos episodios, a historia dunha gran república galáctica en crise, na que os Jedi, gardiáns do ben e da xustiza, e os Sith, donos do lado escuro da forza e conspiradores contra a democracia, enfróntanse polo dominio da galaxia. Dun xeito casual, os jedis atopan un neno chamado Anakin Skywalker que concentra unha extraordinaria forza. O neno é adestrado polos jedis e, cando chega a maior, namórase da bela senadora Padmé Amidala. O seu amor prohibido fai que o mozo Skywalker, no seu medo a perdela, se interne no lado escuro da forza axudado polo corrupto líder do senado e lord sith Palpatine. Cando estes controlan o senado e instauran un autoritario Imperio, comezará un aniquilamento de tódolos jedi. Nun espectacular enfrontamento nun planeta volcánico, o antigo adestrador de Skywalker, Obi-Wan Kenobi, bate o novo sith, deixando a este abrasado pola lava, o que lle deixaría enormes secuelas físicas. Rehabilitado por Palpatine, o rebautizado Skywalker, agora Darth Vader, adquire un aspecto tétrico a través dun traxe negro e dunha emblemática máscara.
A acción avanza vinte anos cando unha pequena forza rebelde, liderada pola princesa Leia, se fai cos planos da maior arma do malvado imperio, a Estrela da Morte. A partir de aquí comezaría unha loita que implicaría o novo Luke Skywalker, o descoñecido e oculto fillo de Darth Vader. A través do tamén mestre de Vader, Obi-Wan Kenobi, e do contrabandista Han Solo, Luke comezará unha viaxe que o alzaría como líder da rebelión. Pero cando coñece a realidade do seu pai e da súa irmá secreta, a princesa Leia, Luke comezará unha loita persoal por salva-la galaxia e, á súa vez, o seu pai. Finalmente, a rebelión alzaríase coa vitoria e Vader acadaría a súa redención matando o seu mestre, o emperador Palpatine, para salvar o seu fillo co que a galaxia recuperaría a paz e a xustiza coa extinción dos sith e a vitoria dos jedi.
Filmes Saga Star Wars Episode I: The Phantom Menace (1999). Star Wars Episode II: Attack of the Clones (2002). Star Wars Episode III: Revenge of the Sith (2005). Star Wars Episode IV: A New Hope (1977). Star Wars Episode V: The Empire Strikes Back (1980). Star Wars Episode VI: Return of the Jedi (1983). Star Wars Episode VII: The Force Awakens (2015). Star Wars Episode VIII: The Last Jedi (2017) Star Wars Episode IX: The Rise of Skywalker (2019)
Antoloxía Rogue One (2016) Filme da antoloxía de Han Solo Anthology sen título (2018) Filme da antoloxía de Boba Fett Anthology sen título (2020)
Outras The Clone Wars (2008)
Repartición principal e personaxes
Personaxe Películas The Phantom Menace
Episodio I: A ameaza fantasma (1999)
Attack of the Clones
Episodio II: O ataque dos clons (2002)
Revenge of the Sith
Episodio III: A vinganza dos Sith (2005)
A New Hope
Episodio IV: Unha nova esperanza (1977)
The Empire Strikes Back
Episodio V: O Imperio contraataca (1980)
Return of the Jedi
Episodio VI: O retorno do Jedi (1983)
The Force Awakens
Episodio VII: O despertar da Forza (2015)
The Last Jedi
Episodio VIII: Os últimos Jedi (2017)
Darth Vader Hayden ChristensenJames Earl Jones (voz) David ProwseJames Earl Jones (voz) Anakin Skywalker Jake Lloyd Hayden Christensen Sebastian ShawHayden Christensen(edición en DVD de 2004) Obi-Wan Kenobi Ewan McGregor Alec Guinness Ewan McGregor (voz) Alec Guinness (arquivo de son) Padmé Amidala Natalie Portman C-3PO Anthony Daniels R2-D2 Kenny BakerJimmy Vee Yoda Frank Oz (voz) Frank Oz (voz)Frank Oz (arquivo de son)Frank Oz (voz) PalpatineDarth Sidious Ian McDiarmid Clive RevillIan McDiarmid(edición en DVD de 2004) Ian McDiarmid Mace Windu Samuel L. Jackson Nute Gunray Silas Carson Jar Jar Binks Ahmed Best (voz) Xeneral Grievous Matthew Wood (voz) Bail Organa Jimmy Smits Conde DookuLord Tyranus Christopher Lee Jango Fett Temuera Morrison Shmi Skywalker Pernilla August Qui-Gon Jinn Liam Neeson Sabé Keira Knightley Watto Andy Secombe (voz) Jabba o Hutt Larry Ward (voz) (actor sen acreditar, voz) (Edición Especial 1997) Larry Ward (voz) Darth Maul Ray ParkPeter Serafinowicz (voz) Sebulba Lewis MacLeod (voz) Luke Skywalker Aiden Barton (bebé, cameo) Mark Hamill Leia Organa Aiden Barton (bebé, cameo) Carrie Fisher Han Solo Harrison Ford Chewbacca Peter Mayhew Boba Fett Daniel Logan Jeremy Bulloch Wedge Antilles Denis Lawson Lando Calrissian Billy Dee Williams Wicket W. Warrick Warwick Davis Maximilian Veers Julian Glover Owen Lars Joel Edgerton Phil Brown Beru Lars Bonnie Piesse Shelagh Fraser Wilhuff Tarkin Wayne Pygram Peter Cushing Lor San Tekka Max Von Sydow Rey Daisy Ridley Finn John Boyega Poe Dameron Oscar Isaac Snoke Andy Serkis Kylo Ren (Ben Solo) Adam Driver Hux Domhnall Gleeson Maz Kanata Lupita Nyong'o Phasma Gwendoline Christie Rose Tico Kelly Marie Tran Amilyn Holdo Laura Dern DJ Benicio del Toro
miniatura|No desfile do 21 de maio de 2010 en Santiago, celebrando o 30 aniversario da estrea da segunda película da saga.
BB-8 Ben Solo Boba Fett Capitá Phasma Comandante Cody Darth Bane Gial Ackbar Kit Fisto Líder Supremo Snoke Maz Kanata Moff Tarkin Nien Nunb Tío Owen e Tía Beru Ozzel O Emperador Piett Qui-Gon Jinn
Videoxogos
Os videoxogos de Star Wars son moi numerosos xa dende a aparición das primeiras videoconsolas. Os videoxogos son variados, habendo dende arcades ata xogos de rol, pasando por arcades de carreiras ou xogos de estratexia, producidos en gran parte pola propia compañía de videoxogos LucasArts.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
StarWars.com Sitio oficial verbo dos filmes e o universo expandido LucasArts Compañía que edita os videoxogos de Star Wars Star Wars en IMDb Wookieepedia - Wiki de Star Wars Wookieepedia en español - Wiki de Star Wars Enciclopedia sobre Star Wars
Categoría:Filmes de Elstree Studios