A cova dos mouros é unha novela de aventuras para nenos do ano 2000, escrita por Xabier Barreiro Liz.
Características Estrutúrase en dezanove capítulos. Dun xeito realista nun principio, cóntase como Abdul, un rapaz mouro que vive en Compostela e que se dedica a venderlles postais aos turistas, vese inmerso nun mundo fantástico. Lendo un libro no Museo do Pobo Galego descobre as lendas das covas dos mouros e os seus tesouros e decide introducirse nunha cova. Deste xeito percorre diferentes paisaxes e lugares moi estraños, coma o mundo-sombra, no que coñece diferentes sistemas de vida e traballo; viaxa por diferentes dimensións espaciais e coñece diversos personaxes que lle axudan no seu cometido -o sapo greñudo, a deusa Xema, os mineiros das doas de sal, unha xeneta, o anano-esponxa...- e que lle desvelan unha das condicións necesarias para conseguir o tesouro: perder catro obxectos -un mercado, un regalado, un amigo e unha cousa valiosa. O protagonista decátase de que o tesouro non é algo material, como esperaba, senón máis ben un estado de ánimo: a súa felicidade interior. Abdul unha vez que consegue o seu obxectivo deixa o mundo marabilloso e volve a Santiago de Compostela.
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na páxina da editorial
Categoría:Obras literarias de 2000 Cova dos mouros