Aino Ackté (Aino Achte foi o seu nome de nacemento) nada en Helsinqui o 23 de abril de 1876 e finada en Vihti o 8 de agosto de 1944 foi unha soprano finlandesa. Foi a primeira figura internacional da ópera finlandesa. Filla da mezzosoprano Emmy Achte e o compositor Lorenz Nikolai Achte, estudou coa súa nai ata que en 1894 entrou no conservatorio de París. En 1897 debutou na Grand Opera con Fausto, co que logrou un contrato por seis anos, actuou tamén no Metropolitan de Nova York e no Covent Garden de Londres. En 1913 volta a Finlandia, onde continou coa súa carreira ata 1930.

Véxase tamén

Categoría:Sopranos de Finlandia Categoría:Nados en 1876 Categoría:Finados en 1944 Categoría:Nados en Helsinqui