miniatura|O rei Faramundo Faramundo ou Faramond (en francés Pharamond) está considerado tradicionalmente como o primeiro monarca merovinxio: Dise que o seu fillo foi Chlodion ou Clodión "o Cabeludo" (o seu sucesor) e o seu neto Meroveo, o que probabelmente é máis lenda que realidade histórica. É o primeiro Duque dos francos salios de Francia. No ano 420, atravesou o río Rhin preto de Colonia, en dirección oeste e separou a tribo dos francos en dúas metades:
os francos salios os francos renanos ou ripuarios
Algúns historiadores consideran que Faramundo foi o primeiro rei de Francia, pero a extensión dos seus dominios era moito máis limitada: os actuais Bélxica, Países Baixos e noroeste de Alemaña. Cara ao ano 420, reinando os emperadores Honorio no Imperio Romano de Occidente e Teodosio "o Mozo" en Oriente, foi alzado sobre un escudo, presentado a todo os exércitos, e recoñecido como Xefe das tribos. Non se saben con certeza as súas obras, a súa morte, o lugar onde foi sepultado e o nome da súa esposa. Dise que tamén foi pai de Cleno, cuxo destino se descoñece. Faramundo morreu no ano 428, logo de oito anos de reinado.
Fundou a familia dos merovinxios.
Categoría:Reis dos francos Categoría:Francos Categoría:Merovinxios Categoría:Historia de Alemaña Categoría:Historia de Bélxica Categoría:Historia de Holanda Categoría:Finados en 428