The Mint Chicks foi unha banda neozelandesa de noise rock/powerpop formada en Auckland no ano 2001, aínda que en 2007 movéronse a Portland, Oregón. Era coñecida por mesturar ganchos pop e estruturas con elementos do noise rock e da música experimental e tamén polas súas vibrantes actuacións, onde Kody e Ruban Nielson se subían ao equipo de son, colgábanse das plataformas de iluminación, esnaquizaban guitarras, autolesionábanse, e tamén usaban unha motoserra para danar o escenario. O grupo separouse en 2010.

Discografía Álbum Ano Selo Observacións Fuck the Golden Youth 2005 Flying Nun Crazy? Yes! Dumb? No! 2006 Flying Nun Screens 2009 Flying Nun

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Grupos musicais de power pop Categoría:Grupos musicais de noise rock Categoría:Grupos musicais de Nova Zelandia Categoría:Grupos musicais formados en 2001 Categoría:Grupos musicais separados en 2010