Gish Bar Patera é un patera (un cráter irregular), ou un cráter complexo con ladeiras escaleiradas, na lúa de Xúpiter, Ío. Ten aproximadamente 110 km de diámetro e cobre unha área duns 9.600 km2. Está situado a 18,6° N 87,7° O . O nome de Gish Bar provén da mitoloxía babilonia, onde Gish Bar era o deus do Sol, este nome foi aprobado pola Unión Astronómica Internacional no 1997. Está situado ó sur da base do Gish Bar Mons, unha montaña de 11 kms de altitude. Cara ao nordeste está Skythia Mons, e cara ao leste está Monan Mons, ó note e sur están Monan Patera e Ah Peku Patera, respectivamente.NASA World Wind 1.4. NASA Ames Research Center, 2007.
A sonda Galileo detectou actividade volcánica no pasado recente de Gish Bar Patera, particularmente en 1996, e unha nova erupción foi detectada polos instrumentos de espectrometría infravermella da Galileo en agosto do 2001. A sección occidental da patera é principalmente verde, cons algunhas manchas brillantes, mentres que a parte oriental é principalmente laranxa. A rexión do noroeste de Gish Bar Patera está cheo de manchas procedentes de varias erupcións. O chan do patera podería estar formado por silicatos.
Notas
Véxase tamén Outros artigos
Patera Ío
Categoría:Ío Categoría:Paterae