Manuel de Dios Martínez, nado o 14 de setembro de 1930 en San Xes (Paderne de Allariz) e finado o 12 de novembro de 2009 en OurenseFallece a los 79 años el musicólogo Manuel de Dios, ex director de la Coral De Ruada , La Región, 14/11/09, foi un poeta, compositor e musicólogo galego.

Traxectoria Licenciado en filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela, traballou como profesor de música e literatura en varios institutos de bacharelato de Ourense. Na década dos sesenta entra en contacto con Carlos Casares, Xesús Ferro Couselo e Xulio Francisco Ogando.

De 1956 a 1964 e de 1969 a 1990 foi o director da Coral de Ruada, un conxunto vocálico ourensán. Tamén dirixiu a coral Vellos Amigos.

Pertencente ao Grupo Marcelo Macías, colaborou no Boletín Auriense, e axudou a Xaquín Lorenzo na recompilación do Cancioneiro da Baixa LimiaArtigo sobre Manuel de Dios en Galegos.org.

Obra Como compositor Cantos de traer e levar (2005) Como poeta Cantares (2005).

Persoal Era irmán do pintor Xosé Luís de Dios. En 1988 sufriu a perda das súas fillas Digna María e María de los Ángeles, falecidas nun accidente automobilístico na cidade de Ourense. Foi soterrado en San Paio de Albán.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Paderne de Allariz Categoría:Nados en 1930 Categoría:Finados en 2009 Categoría:Profesores de educación secundaria