Coalición Progresista Galega, foi unha coalición de partidos galeguistas e de centro que nas eleccións municipais de 10 de xuño de 1987, foi a terceira forza política de Galicia.

Historia Xénese A Coalición Popular nucleada por AP crebara, polo que o PDP en Galicia empezou a ensaiar unha retórica galeguista con reminiscencias do vello Partido Galego Independente. Pola súa parte, o Partido Liberal tentaba tamén consolidarse na realidade política galega.

Pola súa parte, Coalición Galega, que se consolidara como a terceira forza política de Galicia nas eleccións autonómicas e nas anteriores municipais, acababa de sufrir a escisión do Partido Nacionalista Galego. Mentres unha anterior escisión, Centristas de Galicia, ía en coalición con AP.

Nesta conxuntura, o 11 de abril de 1987, Fernando García Agudín, por Coalición Galega, Enrique Marfany, polo PDP e José María Pardo Montero polo Partido Liberal constituíron na Coruña a Coalición Progresista Galega, cunha mensaxe municipalista, galeguista e de centro A gran historia de Galicia XIV, volume 2. Edicións La Voz de Galicia, 2007, pax. 78.. Non conseguiron unha boa implantación na provincia de Pontevedra onde se formou Independentes de Galicia, moitos de cuxos notables acabarán integrándose máis tarde en Coalición Galega.

Resultados A Coalición Progresista Galega acadaría a terceira posición moi por diante do CDS, o seu competidor no espazo de centro, e do BNG, que nun proceso de moderación do seu discurso aparecía xa disputando electorado nacionalista de centroesquerda. O outro potencial competidor, o PNG, conseguira resultados moi cativos.

En total, a CPG acadou 610 concelleiros e 54 alcaldías (a segunda forza política, o PSOE, só atinxiría dúas máis). Na cidade de Lugo o seu candidato, Vicente Quiroga, facíase coa alcaldía.

Evolución A Coalición Progresista Galega, aproveitando o baixón de AP na Coruña (de 528 concelleiros da agora esgazada Coalición Popular a 339), ofertou o seu apoio ao candidato do PSdeG-PSOE (que lograra máis votos, deputados provinciais e concelleiros), Salvador Fernández Moreda, para obter a presidencia da Deputación da Coruña, tendo tamén que precisaban o apoio dos socialistas para lograr a alcaldía de Lugo. Pero unha negociación de Enrique Marfany con candidato de AP José Manuel Romay Beccaría, propiciou o acceso ao cargo deste últimoA gran historia de Galicia. Opus cit. pax 82, todo iso a pesar que os socialistas os apoiaran en Lugo. Reproducíanse as tensións que sufrira Coalición Galega no Parlamento de Galicia. En xuño de 1989 3 dos 5 deputados provinciais (os alcaldes de Santa Comba, Coristanco e Mazaricos), co respaldo dun nutrido número de alcaldes da coalición (especialmente na Costa da Morte), apoiaron unha moción de censura que contra Romay que lle deu a presidencia que 2 anos antes se lle negara ao socialista Fernández Moreda.

José Rivas Fontán, o máis notable alcalde de Independientes de Galicia acabou ingresando en Coalición Galega, da man do novo líder de Coalición Galega Xosé Luís Barreiro Rivas.Xosé de Cora. Barreiro contra Barreiro. Edicións Xerais, Vigo, 1990, pax.276 Os seus excompañeiros, encargáranse de que ámbolos dous tivesen serios problemas coa xustiza. Na provincia da Coruña, a moción de censura supuxo unha fenda insalvable que supuxo a desaparición da coalición nas municipais de 1991. Nestas eleccións os deputados e alcaldes que rexeitaran a moción de censura pasaron a engrosalas filas do Partido Popular na súa inmensa maioría (unha das razóns que esgrimía o sector que apoiara aos socialistas era que a coalición camiñaba cara a disolución no PP). Pola súa banda o sector de alcaldes e deputados favorables á moción remataron no PSdeG-PSOE (principalmente na Costa da Morte, entre eles o alcalde de Coristanco), na CNG (coalición promovida por Coalición Galega e que contaba cos alcaldes de Santa Comba e Mazaricos) ou independentes. Nas provincias de Lugo e Pontevedra os seus restos continuaron a maioría na CNG, mentres que en Ourense Coalición Galega ampliou a súa coalición a Centristas de Galicia e CDS (Converxencia Centrista).

Notas

Categoría:Forzas políticas de Galicia