Messina (en lingua siciliana Missina) é unha provincia da rexión de Sicilia, en Italia. A súa capital é a cidade de Messina.
Ten unha área de 3.247 km2, e unha poboación de 661.708 habitantes (2001). Hai 108 municipios na provincia.
Limita polo norte co Mar Tirreno (co Golfo de Patti e de Milazzo e a illa Eolie), polo leste co Mar Xónico e o Estreito de Messina, que separa Sicilia do continente, polo sur coas provincias de Catania e Enna, e polo oeste coa provincia de Palermo.
Á parte da capital, outras cidades destacadas son Barcellona Pozzo di Gotto, Milazzo, as Illas Eolias, Tindari, Taormina e Capo d'Orlando.
Foi a cidade de partida dos almogávares en 1302.
Véxase tamén Ligazóns externas Provincia di Messina
Messina Messina