O A Peroxa Club de Fútbol é un equipo de fútbol galego, baseado no concello da Peroxa. Actualmente xoga no grupo 4 da Primeira Autonómica.

Historia Dende 1986 o A Peroxa estivo durante 23 tempadas consecutivas en Primeira Autonómica, e en catro delas conseguiu o ascenso a Preferente, se ben renunciou a subir de categoría por razóns económicas. Con todo, na tempada 2010-11 disputou a súa primeira tempada en Preferente, logo de conseguir o título de Primeira (grupo ourensán). Na tempada 2011-12 volveu á Primeira Autonómica de Galicia.

O seu presidente, Eustaquio Barbosa, é ademais o crego das parroquias da Peroxa e CelaguantesA familia do rapaz non me respectou , La Voz de Galicia, 10/7/2003.

Notas

Véxase tamén

Peroxa Peroxa