Viaxe ao país dos ananos / Viaje al país de los enanos é un libro de poemas publicado por Celso Emilio Ferreiro no 1968 na Editorial Ciencia Nueva de Madrid, con tradución e prólogo de Xesús Alonso Montero.

Descrición Trátase dunha obra satírica na que denuncia a acomodación e cativeza moral de certos sectores da emigración galega en Venezuela, abertamente franquistas, que, tras un proceso fraudulento, acceden á dirección da Hermandad Gallega e deciden expulsar da organización a el e mais o seu fillo. Véxase tamén Bibliografía Alonso Montero, X. (1970), Consideración, necesariamente muy general, sobre unos ataques. En Celso Emilio Ferreiro: viaxe ao país dos ananos, El Bardo, 2ª ed. Ligazóns externas Viaxe ao país dos ananos na Biblioteca Virtual Galega.

Categoría:Obras de poesía en galego Categoría:Obras literarias de 1968 Categoría:Celso Emilio Ferreiro Categoría:Diáspora galega