A provincia de Fermo é unha provincia da rexión das Marcas, Italia. Co mar Adriático ao leste, limita polo norte e noroeste coa provincia de Macerata e polo sur coa provincia de Ascoli Piceno.
Ten unha área de 859 km² e unha poboación de 176.488 habitantes (2008). Hai 40 comunas na provincia, todas elas provenientes da provincia de Ascoli Piceno.
Foi instituída nunha lei http://www.parlamento.it/parlam/leggi/04147l.htm promulgada o 11 de xuño de 2004 e é oficialmente recoñecida dende o 1 de xaneiro de 2009.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Provincia di Fermo
Fermo Fermo