dereita|miniatura|Gran Peña, 2022. O Gran Peña Fútbol Club é un equipo de fútbol da parroquia de Lavadores, no concello de Vigo. Entre 2021 e 2024 foi o segundo filial do Celta de Vigo.

O 22 de maio de 2022 acadou o ascenso á Terceira División RFEF.

Historia O Gran Peña fundouse en 1926 na parroquia viguesa de Lavadores. O seu primeiro presidente foi Manuel Méndez. Varios dos directivos fundadores posteriormente serían os fundadores do Turista. Nos primeiros anos de fundación, ao non contar con campo de fútbol de seu e valado, xogou nunha liga non profesional con futbolistas non federados, con equipos clásicos da cidade, como o Alerta Traviesas, o Atalante ou o ementado Turista.

Durante a Guerra a sede social do Gran Peña foi ocupada pola Falanxe e algúns dos seus xogadores faleceron. Tras anos de inestabilidade pola posguerra, en 1943 participou na súa primeira competición federada, a Serie A de Galicia. En 1955 conseguiu o seu primeiro ascenso a Terceira, logo de proclamarse campión do seu grupo de Serie A. Despois de máis dunha década en Terceira, descendeu, pero en 1971 asinou un convenio de filiación co Celta de Vigo, e ao final desa mesma tempada ascendeu de novo. Nos anos vindeiros o equipo fai de ascensor entre as dúas categorías.

Nos anos 80, malia as novas oferta de filiación con Celta de Vigo, o club mantivo a independencia de clubs. Novamente en 1986 produciuse outro intento de fusión co Turista, e de dependencia co Celta, auspiciado polo daquela alcalde da cidade Manoel SotoHistoria detallada de la maniobra de despojo del campo de Barreiro . Páxina web do club., e polo que entra en xogo a compra do campo de fútbol por parte do concello de Vigo. Finalmente o acordo non se produce co Gran Peña, e si co Turista, o que implica que o Gran Peña non pode volver a xogar en Barreiro. Como consecuencia prodúcense manifestacións cidadás, cortes de rúas etcétera. Tamén como resultado rómpese o acordo de filiación co Celta.

En 2021, o Celta de Vigo chega a un acordo co club, que novamente pasa a depender do equipo celeste. miniatura|300px|Escudo do Gran Peña na fachada do Campo Municipal de Barreiro. Mellores resultados En 1958 proclámase por primeira vez campión da Copa Galicia de fútbol ao derrotar o Lugo en tres partidos. En 1981 elimina o Racing de Santander na segunda eliminatoria da Copa do Rei, nos penaltis, e logo de empatar a cero goles tanto no Sardinero como en Balaídos. Despois caería eliminado polo Elx.

Nomes do club Club Gran Peña (1926-1971) Club Gran Peña Celtista (1971-1988) Gran Peña Fútbol Club (1988-2021) Real Club Celta "C" (2021-)

Datos do club Tempadas en 2ª: 0 Tempadas en 2ªB: 0 Tempadas en 3ª: 40

Historial na liga TempadaCategoríaPosto1943 a 1955Serie A—1955/56Serie A1º 10px1956/573ª9º1957/583ª3º1958/593ª6º1959/603ª9º1960/613ª10º1961/623ª13º1962/633ª11º1963/643ª13º1964/653ª5º1965/663ª14º1966/673ª8º1967/683ª5º1968/693ª10º1969/703ª13º 10px1970/71Serie A—1971/72Serie A— 10px1972/733ª17º1974/753ª17º 10px1975/76Preferente— 10px1976/773ª19º1977/783ª5º1978/793ª5ºTempadaCategoríaPosto1979/803ª18º1980/813ª3º1981/823ª5º1982/833ª5º1983/843ª5º1984/853ª7º1985/863ª4º1986/873ª8º1987/883ª11º1988/893ª8º1989/903ª7º1990/913ª9º1991/923ª12º1992/933ª19º 10px1993/94Preferente— 10px1994/953ª15º1995/963ª14º1996/973ª7º1997/983ª11º1998/993ª18º 10px1999/2000Preferente—2000/01Preferente—2001/02Preferente—2002/03Preferente—TempadaCategoríaPosto2004/05Preferente—2005/06Preferente—2006/07Preferente3º2007/08Preferente1º 10px2008/093ª20º 10px2009/10Preferente12º2010/11Preferente10º2011/12Preferente16º 10px2012/131ª Autonómica6º2013/141ª Autonómica11º2014/151ª Autonómica12º2015/161ª Autonómica7º2016/171ª Autonómica9º2017/181ª Autonómica6º2018/191ª Autonómica6º 10px2019/20Preferente17º2020/21Preferente4º2021/22Preferente2º 10px2022/233ª10º2023/243ª RFEF2º2024/253ª RFEF

Xogadores de sona Nacho.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web do Gran Peña

Categoría:Fútbol de Galicia sen imaxes