Weezer, tamén coñecido coma The Green Album, é o terceiro álbum de estudio da banda estadounidense de rock alternativo Weezer, editado o 15 de maio do 2001 a través do selo Geffen Records. O álbum converteuse nun éxito comercial en todo o mundo, acadando o número catro na Billboard 200 e entrando nas listas de varios países.

Weezer foi a primeira edición da banda sen o baixista Matt Sharp, que deixou o grupo en 1998 para centrarse no seu propio proxecto, The Rentals. Sharp foi substituído por Mikey Welsh, sendo este o único álbum no que aparece con Weezer.

Listaxe de cancións Todos os temas compostos por Rivers Cuomo. Nº Título Duración 1 "Don't Let Go" 2:59 2 "Photograph" 2:19 3 "Hash Pipe" 3:06 4 "Island in the Sun" 3:20 5 "Crab" 2:34 6 "Knock-down Drag-out" 2:08 7 "Smile" 2:38 8 "Simple Pages" 2:56 9 "Glorious Day" 2:40 10 "O Girlfriend" 3:49

Categoría:Álbums de Weezer Categoría:Álbums musicais de 2001