Silvia Bardelás Álvarez, nada en Vigo o 25 de febreiro de 1967, é unha escritora galega.

Traxectoria En 2015 doutorouse en Filosofía pola UNED coa tese Teoría de la novela, dirixida por Jordi Claramonte Arrufat. Centrou os seus estudos de posgrao na Estética aplicada á literatura. Traduce do alemán, inglés e portugués, colabora en distintas editoriais e coordina premios literarios. Ensina Creación Literaria en distintos centros e dirixe o blog literario El lector perdido. É directora de publicacións en De Conatus e profesora de creación literaria na UNED.

Aínda que non reside habitualmente en Galicia, o galego é a súa lingua literaria.

Obra Narrativa As Médulas (2010). Barbantesa. Foi traducida ao castelán. 244 páxs. ISBN 9788493733025. Unha troita de pé (2011). Ed. Barbantesa. ISBN 978-8493885946.

Destempo (2021). Ed. Barbantesa. Foi traducida ao castelán. 230 páxs. ISBN 978-8494550133.

Castelán

Una conciencia nueva. La urgente pregunta de quiénes somos (2026). El Acantilado. ISBN 979-13-87964-13-9. Ensaio.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web de Silvia Bardelás Ficha en De Conatus Entrevista en Galicia Hoxe

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1967 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes