Ricardo "Richar" Charlín Rey, nado o 5 de xaneiro de 1961 na vila de Cambados, é un exfutbolista galego e técnico de deportes no Concello de Cambados ata a súa xubilación. Foi presidente do Cambados.

Traxectoria Comezou a xogar no equipo local do Trianiña, para pasar ao Cambados. Posteriormente fichou polo Gran Peña Celtista, daquela filial do Celta de Vigo; mais despois acabou recalando no Arousa, no Chispa e no Cambados, coincidindo coa época de máximos éxitos do equipo da vila, co que chegou a xogar tres tempadas en Segunda División B (1990-1993).

Posteriormente, xa retirado do fútbol activo, foi presidente do Cambados, cargo ao que regresou en 2007.

Véxase tamén Ligazóns externas Richard Charlín en A Temporada do Fútbol Galego

Categoría:Nados en 1960 Categoría:Nados en Cambados Categoría:Futbolistas da provincia de Pontevedra Categoría:Xogadores do Juventud Cambados Categoría:Xogadores do Gran Peña Categoría:Xogadores do Arosa SC Categoría:Presidentes do Juventud Cambados Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes