O Cardiff City Association Football Club ou Clwb pêl-droed Dinas Caerdydd é un club de fútbol profesional galés da cidade de Cardiff que compite na Football League Championship, a segunda categoría do fútbol en Inglaterra . Xoga os seus partidos como local no Cardiff City Stadium, estadio con capacidade para 28.016 espectadores.
Historia O Cardiff City foi fundado en 1899 por Bartley Wilson como Riverside A.F.C. e é o único equipo que non é inglés que gañou algunha das tres grandes competicións inglesas, gañando a FA Cup en 1927, na década na que o equipo galés era un dos equipos máis frontes da liga inglesa, sendo finalistas na tempada 1923–24, perdendo por 1-0 a final da FA Cup de 1925 fronte ao Sheffield United. Foi campión tamén da Copa de Gales en numerosas ocasións, a última delas en 1993. Na tempada 1966-67 clasificouse para xogar a Recopa de Europa tras gañar ese ano a Copa de Gales, e chegando ás semifinais na tempada 1967-68, nas que perdeu fronte ao equipo alemán do Hamburger SV por un axustado marcador final de 4-3 (1-1 na ida e 3-2 na volta).
Xogadores Categoría principal: Xogadores do Cardiff City FC.
Palmarés FA Cup Campión: - 1927 Finalista: - 1925, 2008
FA Charity Shield Campión: - 1927First Division Finalista: - 1923-24
Second Division Finalista: - 1920-21, 1951-52, 1959-60 Campión do Play-Off: - 2002-03Third Division South Campión: - 1946-47
Third Division Campión: - 1992-93 Finalista: - 1975-76, 1982-83
Fourth Division Campión: - 1987-88
Southern Football League Second Division Campión: - 1913Copa de Gales Campión: - 1912, 1920, 1922, 1923, 1927, 1928, 1930, 1956, 1959, 1964, 1965, 1967, 1968, 1969, 1970, 1971, 1973, 1974, 1976, 1988, 1992, 1993FAW Premier Cup Campión: - 2002FAW Welsh Youth Cup Campión: - 1990, 1995, 1998, 2000, 2001, 2002, 2004, 2006 Finalista: - 1992, 2005, 2008FAW Invitation Cup Campión: - 1998Centenary Cup Campión: - 1999Algarve Challenge Cup Campión: - 2008VansDirect Cup Campión:''' - 2008
Véxase tamén
Ligazóns externas Site oficial do Cardiff City F.C. .
Categoría:Cardiff City FC