Ignacio Ramonet Míguez, nado en Redondela o 5 de maio de 1943, é un xornalista galego especializado en relacións internacionais e globalización asentado en Francia.

Traxectoria Viviu a súa infancia en Tánxer. Estudou enxeñaría en Bordeos, Rabat e París, e socioloxía na Escola de Altos Estudos Sociais de París. Interesado polo cine, traballou preto de Roland Barthes e Christian Metz, doutorándose en Semioloxía e Historia da Cultura, así coma catedrático de Teoría da comunicación. Escribe en Cahiers du Cinéma e crítica de cine en Libération. Dirixiu Le Monde diplomatique desde 1991 até marzo de 2008 (na actualidade é encargado da edición española) e dirixe Manière de voir. É un dos principais pensadores críticos co proceso de globalización.

Unha editorial súa deu orixe a Attac, movemento internacional para o control democrático dos mercados financeiros e das súas institucións- (creado nunha reunión internacional en París durante o 11 e 12 de decembro de 1998) e de Media Watch Global (13 de maio de 2002) resultado das conclusións do II Fórum Social Mundial de Porto Alegre do que foi promotor.

Profesor da teoría da comunicación na Universidade Denis-Diderot (París VII). Foi profesor invitado das universidades Carlos III (Madrid), Buenos Aires, Valencia, San Petersburgo, Cuba, Porto Rico, Santo Domingo etc. É doutor 'honoris causa' pola Universidade de Santiago de Compostela.

Publicacións 1997 (reeditado en 1999) : Géopolitique du chaos (Xeopolítica do caos), Editions Galilée 2000 : Propagandes silencieuses. Masses, télévision, cinéma (Propagandas silenciosas. Masas, televisión, cine) 2000 : Como nos venden a moto, con Noam Chomsky 2001 : La tyrannie de la communication (A tiranía da comuniación) 2002 : Guerres du XXIe siècle - Peurs et menaces nouvelles (Guerras do século XXI) 2004 : Abécédaire partiel et partial de la globalisation, con Ramón Chao e Wozniak 2005 : Irak: Histoire d'un désastre (Iraq: Historia dun desastre) Fidel Castro: A miña vida La Golosina visual Marcos, la dignidad rebelde Un mundo sin rumbo Rebeldes, dioses y excluidos La post-televisión

Véxase tamén Ligazóns externas Comentario sobre Fidel Castro: biografía a dos voces

Categoría:Xornalistas de Redondela Categoría:Galegos de Francia Categoría:Nados en Redondela Categoría:Nados en 1943 Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Santiago de Compostela