A Radio Televizija Crne Gore (RTCG) é a compañía pública de radio e televisión de Montenegro, ten a súa sede en Podgorica, membro asociado da Unión Europea de Radiodifusión desde xullo de 2001, converteuse en membro de pleno dereito logo da independencia de Montenegro en 2006.
Historia A orixe da RTCG está en Radio Titograd que comezou a emitir en 1949, e que desde 1990 se chama Radio Crna Gora, en 1963 estableceuse o servizo de televisión.
Canles RTCG ten tres canles de televisión, dous terrestres e un internacional vía satélite, tamén ten dúas emisoras de radio.
Televisión TVCG 1, dedicada á información e produción propia TVCG 2, dedicada aos deportes e ao entretemento TVCG Satellite, a canle internacional.
Radio Radio Crne Gore 1 Radio Crne Gore 2
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial da RTGC
Categoría:Cadeas de televisión de Europa Categoría:Emisoras de radio Categoría:Montenegro