Pilar Neira Martínez, nada en Londres en 1963, é unha exfutbolista e adestradora de fútbol galega.

Traxectoria como xogadora Criada na cidade da Coruña, practicou como deportista o fútbol e o balonmán. Comezou xogando ao fútbol en 1976 no Karbo CF, equipo de fútbol feminino que en 1980 sería absorvido polo Deportivo pasándose a chamar Karbo Deportivo co que gañou tres campionatos de España. En 1982 fichou no Maravillas SD e posteriormente polo Brigantium CFPilar Neira: "Non habería que mesturar deporte e política como pasou coa selección galega , Xornal de Galicia, 29/08/2010., e en 1985 gañou o campionato de España de seleccións territoriais representando a Galicia.

Traxectoria como adestradora En 1982 obtivo o título de adestradora nacional. Como adestradora ascendeu o Orzán SD a Primeira Nacional e gañou tres campionatos de España. Tamén foi adestradora do Imperátor, e dos equipos de fútbol sala da Capela, o Breogán e o RiazorPilar Neira entrenará a la selección gallega femenina , El Correo Gallego, 17/11/2007..

En 2007 converteuse na primeira seleccionadora da selección galega de fútbol feminino, posto que ocupou ata 2009.

Ademais, é a presidenta da Asociación de Mulleres Deportistas de Galicia e do Balonmán A Coruña.

Datos persoais Está casada e ten unha filla. É seareira do Deportivo da Coruña.

Notas

Categoría:Adestradores de fútbol de Galicia Categoría:Nados en Londres Categoría:Nados en 1963 Categoría:Futbolistas da provincia da Coruña Categoría:Xogadoras do Deportivo da Coruña Feminino Categoría:Adestradores da selección de fútbol de Galicia