Fernado Fragata, nado en Estoril o 2 de decembro de 1969 e finado o 8 de novembro de 2024, foi un director e guionista portugués.

Traxectoria Como operador de cámara iniciouse en publicidade, videoclips e filmes de Joaquim Leitão, Ana Luisa Guimarães e Quirino Simões. Como director e argumentista comezou coa curta metraxe Amor & Alquimia (1995), que foi exhibida tanto en Europa como en Suramérica, recibindo o premio de mellor dirección no festival internacional de cinema da Baía, no Brasil, así como o premio do público no Festival de Sevilla, en España. Despois virían a longametraxe Pesadelo Cor-de-Rosa e o telefilme de acción Pulsação Zero.

En 2004 escribiu e dirixiu Sorte Nula, un filme con repercusión en Portugal. O seu máis recente filme chámase Contraluz/Backlight. Foi rodado integramente nos Estados Unidos, con actores portugueses e americanos.

Filmografía Pesadelo Cor-De-Rosa (1998) Pulsação Zero (2002) Sorte Nula (2004) Contraluz (2010)

Véxase tamén Outros artigos Cinema de Portugal

Ligazóns externas Biografía Vídeo Vídeo relacionado

Categoría:Directores de cinema de Portugal Categoría:Nados en Portugal Categoría:Nados en 1969

Categoría:Finados en 2024

Categoría:Personalidades sen imaxes