CCTV -F é unha cadea internacional en lingua francesa da CCTV chinesa. Historia CCTV-F comezou as súas emisións, xunto con CCTV-E, a partir do 1 de outubro de 2007 como unha das cadeas substitutas de CCTV-E&F. Programación A súa programación inclúe noticias, deportes, negocios e ademais curiosidades sobre China e outras partes de Asia, así como series chinesas subtituladas e documentais de viaxes polo interior deste país, xunto con percorridos culturais e artísticos. Esta canle emite tamén cursos de aprendizaxe da lingua chinesa.
Categoría:CCTV