David Albahari, nado en Peć (Kosovo) o 15 de marzo de 1948 e finado en Belgrado o 30 de xullo de 2023, foi un escritor serbio.

Traxectoria Nado nunha familia xudía sefardí cuxa lingua é o serbocroata. Máis tarde, viviu en Zemun preto de Belgrado. Logo dos seus estudos de lingua e literatura anglo-americana, comezou unha carreira como escritor en 1973 e fíxose coñecido grazas ás novelas posmodernas ao estilo de Danilo Kis.

Fuxiu do país en 1994 e pasou a vivir en Calgary (Canadá), onde continuou escribindo en serbio. Residiu alí ata 2012 en que volveu a Belgrado.

Publicou oito novelas e oito libros de contos, algúns dos cales traducidos en doce linguas. A súa novela A descrición da morte gañou o premio Ivo Andrić en 1983. Tamén traduciu as obras de moitos escritores ingleses ao serbio.

Obras Sudija Dimitrijević, 1978. Cink, 1988. Kratka knjiga, 1993. Snežni čovek, 1995. Mamac, 1996. Mrak, 1997. Götz e Meyer, 1998 (Gec i Majer, traducida ao galego por Jairo Dorado Cadilla, 2010). Svetski putnik, 2001. Pijavice, 2006. Marke, 2006. Ludvig, 2007. Brat, 2008.

Notas

Categoría:Escritores en lingua serbocroata Categoría:Nados en Kosovo Categoría:Nados en 1948 Categoría:Finados en 2023