Jorge Díaz Gutiérrez, nado en Rosario de Santa Fe o 20 de febreiro de 1930 e finado en Chile o 13 de marzo de 2007, foi un arquitecto, pintor e dramaturgo arxentino-chileno.

Traxectoria Naceu na Arxentina de pais españois, vivía entre Chile e España. Viviu desde os tres aos trinta e cinco anos de idade en Chile. Posteriormente, pasou tres décadas en España para finalmente falecer en Chile a causa dun cancro de esófago.

Carreira literaria Con máis de cen obras teatrais, é un dos membros máis destacado da xeración dos 50 chilena. Comezou a traballar no teatro. En 1959 participou como actor nunha primeira representación; a compañía teatral coa que actuaba, o grupo Ictus, chileno, definíase como de teatro experimental.

Premios e distincións Premio Nacional das Artes da Comunicación e Audiovisuais, en 1993 Premio Antonio Buero Vallejo de Guadalajara, en 1992 Premio Born de Teatro, en 1990, pola súa obra "A imagen y semejanza" Premio Born de Teatro, en 1992, pola súa obra "El jaguar azul" Premio de Teatro Centenario de la Caja de Ahorros de Badajoz, en 1989 segundo premio no Cuarto Concurso de Dramaturgia Eugenio Dittborn, outorgado pola Escola de Teatro da Universidade Católica, pola súa obra Fragmentos de alguien, en 1987 Premio Palencia de Teatro, en 1980.

Véxase tamén Ligazóns externas Biografía completa

Categoría:Dramaturgos de Chile Categoría:Escritores de Chile Categoría:Nados en Rosario Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Nados en 1930 Categoría:Finados en 2007 Categoría:Finados por cancro