Contra é o segundo álbum da banda de indie rock estadounidense Vampire Weekend, publicado o 11 de xaneiro de 2010 baixo o selo XL Recordings. O título do álbum está pensado como unha alegoría temática e unha referencia complexa aos contra-revolucionarios nicaraguanos, ao álbum de The Clash Sandinista! e, en parte, unha homenaxe ao videoxogo Contra.

A revista Q elixiuno o quinto mellor álbum do ano 2010.

Lanzamento O lanzamento de Contra foi anunciado o 15 de setembro de 2009, e foi lanzado no Reino Unido o 11 de xaneiro de 2010. Nos Estados Unidos isto ocorreu ao día seguinte. Con todo, o álbum xa estaba dispoñible o 8 de xaneiro en iTunes. "Horchata" foi lanzado como unha descarga gratuíta o 5 de outubro de 2009 no sitio web da banda. O primeiro sinxelo foi "Cousins", acompañado por un sinxelo de 7" e un vídeo musical. O álbum estivo dispoñible para streaming no MySpace da banda a partir do 3 de xaneiro de 2010. Tamén se dispón actualmente para streaming no seu sitio web oficial (desde o 5 de xaneiro de 2010).

É o primeiro álbum da banda en alcanzar o número un no Billboard 200, e o décimo segundo da escena independente da historia en alcanzar o número un no Billboard 200 desde que Nielsen SoundScan comezou a rexistrar datos en 1991. O álbum logrou vender 124.000 copias na súa primeira semana.

Música e letras A letra de "I Think UR a Contra" inclúe a frase "Complete Control", o título dun sinxelo de The Clash. O título de "Diplomat's Son" é unha referencia a unha historia escrita polo cantante Ezra Koenig sobre o internado, aínda que o contido das súas letras fala dunha relación homosexual contada por Rostam Batmanglij. A canción extra de iTunes, "Giant" contén referencias á canción de Notorious B.I.G. "Juicy". "Diplomat's Son" ten samples das cancións "Hussel" de M.I.A. e "Pressure Drop" de Toots and the Maytals. "White Sky" é unha reminiscencia de "Crazy Love, Vol. II" e "Proof" de Paul Simon.

Lista de temas

# Título Duración 1. "Horchata" 3:26 2. "White Sky" 2:58 3. "Holiday" 2:18 4. "California English" 2:30 5. "Taxi Cab" 3:55 6. "Run" 3:52 7. "Cousins" 2:25 8. "Giving Up the Gun" 4:46 9. "Diplomat's Son" 6:01 10. "I Think UR a Contra" 4:29

Cancións engadidas na versión iTunes

# Título Duración 11. "Giant" 2:50 12. "California English: Part 2" 2:57

Disco extra Contra Megamelt

# Título Duración 11. "Contramelt A" 6:11 12. "Contramelt B" 4:36 12. "Cousinz (Toy Selectah Mex-More Remix)" 3:20

Posición nas listas

Lista (2010) Máxima posiciónLista de álbums de Australia2Lista de álbums do Canadá1Lista de álbums de Francia15Lista de álbums dixitais de Francia2Lista de álbums de Suráfrica30Lista de álbums de Italia98Lista de álbums de Nova Zelandia12Lsta de álbums do Reino Unido3 Lista Indie do Reino Unido 1 Billboard 200 de Estados Unidos1 Billboard de álbums indies de Estados Unidos1

Sinxelos

LanzamentoTítulo17 de novembro de 2009"Cousins"19 de febreiro de 2010"Giving Up The Gun"7 de xuño de 2010"Holiday"16 de agosto de 2010"White Sky"

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Vampire Weekend na páxina de XL Recordings Descargas de MP3 de Vampire Weekend Canción por canción de Vampire Weekend Stream do álbum en NPR

Categoría:Álbums de Vampire Weekend Categoría:Álbums musicais de 2010 Categoría:Álbums de XL Recordings