Shoya Tomizawa ou 富沢祥也, nado en Asahi, Chiba, o 10 de decembro de 1990 e finado en Riccione, Italia, o 5 de setembro de 2010, foi un piloto xaponés de motociclismo.

Traxectoria Tomizawa empezou a competir en 1994 e no 2001 pasou ás minimotos. En 2006 debutou na categoría de 125cc como convidado no Gran Premio do Xapón. Ao ano seguinte volveu a participar nesa carreira como invitado, terminando na 22ª posición. En 2008 debutou na categoría de 250cc de novo no Gran Premio do Xapón acabando 14º. Rematou a temporada en 26ª posición con 2 puntos. Durante estes anos tamén participou nos campionatos xaponeses de 125 e 250, acadando o 2º posto en 125 en 2006 e en 250 en 2008.

No 2009 disputou toda temporada de 250 co equipo Honda, terminando 17º con 32 puntos. Esa temporada viuse obrigado a perder o Gran Premio de Indianápolis por mor dunha lesión.

En 2010 participou na nova categoría de Moto2 co equipo Technomag-CIP, compartido co suízo Dominique Aegerter. Pasou á historia ao gañar a primeira carreira da temporada en Qatar.Tomizawa entra na historia de Moto2 como primeiro gañador dun gran premio Tamén conseguiu a pole e a segunda posición no España.

Morte Faleceu o 5 de setembro de 2010, ás 14:20 hora local, logo dun accidente que sufriu durante o Gran Premio de San Marino na categoría de Moto2. Tomizawa, que foi trasladado ao hospital de Riccione logo de ser atendido na clínica do circuíto, caeuse durante a carreira e foi atropelado por Scott Redding e Alex De Angelis que o seguían a máis de 200Km/h, sen poder esquivalo causándolle múltiples traumatismos no cranio, tórax e zona abdominal, ademais de hemorraxias internas.Falece Tomizawa logo dun grave accidente

Resultados miniatura|dereita|240px|Tomizawa no Gran Premio de Gran Bretaña de 2009.

Ano Categoría Equipo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 Pos Puntos 2006 125cc Honda ESP QAT TUR CHN FRA ITA CAT NED GBR RFA CZE MAL AUS XAP Ret POR VAL - - 2007 125cc Honda QAT ESP TUR CHN FRA ITA CAT GBR HOL ALE CZE SMR POR XAP 22 AUS MAL VAL - - 2008 250cc Honda QAT ESP POR CHN FRA ITA CAT GBR HOL ALE CZE SMR IND XAP 14 AUS MAL VAL 26° 2 2009 250cc Honda QAT12 XAP10 ESP12 FRARet ITARet CATRet HOLRet RFA13 GBR15 CZE13 INDNQ SMR12 PORRet AUS15 MAL16 VAL10 17° 32 2010 Moto2 Suter QAT1 ESP2 FRARet ITA6 GBR6 HOL5 CATRet GER18 CZE10 INDNQ SMRRet 5° 76

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Pilotos de motociclismo do Xapón Categoría:Pilotos de Moto2 Categoría:Nados na prefectura de Chiba Categoría:Nados en 1990 Categoría:Finados en 2010