CNBC Asia é unha canle de información financeira filial da NBC Universal, constitúe o servizo para Asia e Oceanía da Consumer News and Business Channel (CNBC). Os seus programas preséntanse desde Singapur e Sidney e ten oficinas en Tokyo e Hong Kong.

Historia A canle lanzouse o 1 de xaneiro de 1994 como canle irmá da NBC Asia e con sede en Hong Kong, durante os primeiros anos tiña poucos programas orixinais, ou ben eran versións dos da CNBC, como The Money Wheel ou eran directamente programas da CNBC ou CNBC Europe en directo ou en redifusión. O 1 de xuño de 1997 a NBC e Dow Jones & Company anunciaron a fusión das súas canles de noticias financeiras, o que resultou na unión en febreiro de 1998 da CNBC Asia con Asia Business News (ABN) con sede en Singapur co nome de CNBC Asia Business News pero aos poucos meses volveu ao nome de CNBC Asia. A canle resultado da fusión tiña unha maioría de programas e persoal procedente da ABN. En 1998 engadiu á súa programación CNBC Sports nas tardes das fins de semana e episodios de The Tonight Show with Jay Leno e Late Night with Conan O'Brien e estableceu programas rexionais. O 31 de decembro de 2005 a NBC volveu controlar totalmente a canle. Parte da súa programación emítea en directo a CNBC World e algún programa tamén pola madrugada na CNBC Europe.

Categoría:NBC Universal