A Duquesa da rúa do Duque (en inglés The Duchess of Duke Street) é unha serie de televisión da BBC que transcorre no Londres de comezos do século XX (1900 a 1925) creada polo antigo produtor de Arriba e abaixo, John Hawkesworth. A serie foi proposta para un Premio Emmy en 1980. A Televisión de Galicia emitiuna en 1986.

Argumento A serie protagonizouna Gemma Jones como Louisa Trotter, a "duquesa" que traballa como axudante de cociña nun hotel de luxo, o Bentinck Hotel, en Duke Street de Londres, e que tiña como ambición converterse nunha gran cociñeira. Esta Louisa está inspirada nunha personaxe da vida real, Rosa Lewis, coñecida como a "duquesa" de Jermyn Street e que traballou no Cavendish Hotel.

Véxase tamén Ligazóns externas A serie en G25

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión da BBC Categoría:Series de televisión con versión galega