Por extensión, denomínanse callos os anacos de estómago de becerra que con diversos condimentos e acompañados doutros produtos constitúen un prato moi típico da gastronomía galega, aínda que non único de Galicia.
Trátase dunha tapa moi popular na maioría de lugares de Galicia, sendo típico o seu consumo como tapa os xoves en cidades como Santiago de Compostela ou os domingos en A Coruña.
Denominación Son chamados así polo seu uso como callantes do leite na elaboración do queixo, conservan o seu nome cando son cociñados para obter un dos pratos máis populares da cociña galega e doutras cociñas como a madrileña.
Receitas É un prato moi espallado polo norte da Península Ibérica, con distintos xeitos de preparación. Así, por exemplo, o xeito máis habitual de preparalos en Galicia é cocidos con chourizo, pata de vaca e garavanzos e condimentados con pemento e comiño, mentres que os callos á asturiana son aqueles cortados moi pequenos e cociñados con chourizo, patas de porco e pemento, os callos á madrileña son cociñados con chourizo, xamón e patas de año e as chamadas tripas á moda do Porto son preparados con feixóns e comiño, constituíndo un prato tan popular nesa cidade que os seus habitantes son coñecidos como tripeirosLenda dos tripeiros . Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Receita dos callos á galega Receita dos callos á madrileña
Categoría:Carne e produtos cárnicos Categoría:Pratos de carne Categoría:Pratos de legumes Categoría:Gastronomía de Galicia Categoría:Gastronomía de España Categoría:Tapas de Galicia