miniatura|A cidade de Gernika devastada pola aviación fascista en 1937 durante a guerra civil española.

Guerra civil é a denominación usada para calquera enfrontamento bélico onde os participantes están xeralmente formados por dous ou máis eixos políticos contrarios xerados dentro dun mesmo país. O termo é un calco do latín bellum civile que se usou para referirse ás distintas guerras civís da República romana no século I a.C. A súa característica máis común é que o conflito armado desenvólvese nun mesmo país, enfrontándose entre si persoas dun mesmo lugar (cidade, pobo ou comunidade) defendendo, usualmente, dúas ideoloxías ou intereses distintos. Nalgúns casos o obxectivo é a secesión dunha parte do territorio; aínda que entón non sempre se consideran «guerras civís» (exemplos dun tipo ou outro poden ser a guerra civil estadounidense ou as guerras de descolonización).

Neste tipo de conflagración, prodúcese ás veces a intervención de unidades estranxeiras de distintos países, á parte, axudando ou colaborando cos distintos bandos desa mesma guerra civil, cuxos individuos chegan a ser voluntarios civís que apoian a ideoloxía do bando seleccionado.

No século XIX, África foi escenario de numerosas guerras civís en moitos dos seus países debido xeralmente a loitas polo poder das etnias máis importantes de cada país, chamadas «guerras esquecidas», debido a que son coñecidas polo público só cando hai un xenocidio ou un gran masacre de persoas.

Características miniatura|dereita A súa característica máis común é que o conflito armado desenvólvese nun mesmo país, enfrontándose entre si persoas dun mesmo lugar (cidade, etnia ou comunidade) defendendo, xeralmente, dúas ideoloxías ou intereses distintos.

Nalgúns casos, o obxectivo é a secesión dunha parte do territorio, aínda que nestes casos non sempre se consideran como "guerras civís" (exemplos dun tipo ou outro poden ser a guerra civil estadounidense ou as guerras de descolonización). Nesta conflagración, chega ás veces a intervención de unidades estranxeiras de distintos países, mesmo, axudando ou colaborando cos distintos bandos desa mesma guerra civil, cuxos individuos chegan a ser voluntarios civís que apoian a ideoloxía do bando seleccionado.

Clasificación formal miniatura|Consecuencia da batalla de Gettysburg, Guerra civil estadounidense, 1863 James Fearon, estudoso das guerras civís na Universidade Stanford define unha guerra civil como "un conflito violento nun país no que loitan grupos organizados que pretenden tomar o poder central ou dunha rexión ou cambiar políticas gobernamentais".James Fearon, "Iraq's Civil War" en Foreign Affairs, Marzo/Abril 2007 Ann Hironaka especifica ademais que unha banda da guerra civil é o estado. A intensidade na que un disturbio civil se converte nunha guerra civil é discutido polos estudosos. Algúns científicos políticos definen guerra civil se hai máis de 1000 vítimas, mentres que outros especifican que polo menos ten que haber 100 por cada bando.Edward Wong, "A Matter of Definition: What Makes a Civil War, and Who Declares It So?" New York Times November 26, 2006 Correlates of War, conxunto de datos empregados polos que estudan os conflitos, clasifica as guerras civís cando hai máis de mil vítimas relacionadas coa guerra cada ano do conflito. Este número é unha fracción pequena dos millóns que faleceron na segunda guerra civil sudanesa ou na guerra civil de Camboxa, por exemplo, mais exclúe conflitos moi coñecidos como os de Irlanda do Norte e a loita do Congreso Nacional Africano durante o Apartheid en Suráfrica.Ann Hironaka, Neverending Wars: The International Community, Weak States, and the Perpetuation of Civil War, Harvard University Press: Cambridge, Mass., 2005, p. 3, ISBN 0-674-01532-0

Baseando no criterio de 1000 vítimas por ano, houbo 213 guerras civís entre 1816 e 1997, 104 das cales entre 1944 e 1997. Se se usa o criterio de 1000 vítimas totais houbo 90 guerras civís entre 1945 e 2007, con 20 en 2007.

As convencións de Xenebra non definen especificamente o vocábulo "guerra civil", mais delimitan as responsabilidades das partes nun "conflito armado de carácter non internacional", o que inclúe as guerras civís. miniatura|esquerda|250px|Tanques nas rúas de Adís Abeba durante a guerra civil de Etiopía (1991) Con todo, o comité internacional da Cruz Vermella tratou de aclarar o concepto cos seus comentarios sobre a convención de Xenebra, indicando que as convencións son "tan xerais, tan vagas, que moitas das delegacións temían que podían tomarse para cubrir calquera acto cometido pola forza das armas". Entón, os comentarios proporcionan diferentes condicións das que dependerían as convencións de Xenebra, aínda que o comentario sinala que non debería ser interpretado como condicións ríxidas. Estas condicións listadas pola ICRC son:Final Record of the Diplomatic Conference of Geneva of 1949, (Volume II-B, p. 121)Véxase tamén: Movemento Internacional da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella commentary sobre a Terceira Convención de Xenebra de 1949, Artigo III, Sección "A. Casos de conflito armado".

(1) Que a parte en rebeldía contra o goberno de iure posúa unha forza militar organizada, unha autoridade responsable polos seus actos, que actúa nun determinado territorio e que ten os medios de respectar e asegurar respecto pola Convención.

(2) Que o goberno legal estea obrigado a dar recursos á forza militar regular contra os insurxentes organizados como exército e en posesión dunha parte do territorio nacional.

(3) (a) Que o goberno de iure recoñecese os insurxentes como belixerantes; ou (b) Que se dean a eles mesmos os dereitos como belixerantes; ou (c) Que se trate os insurxentes co recoñecemento como belixerantes para o propósito só da presente Convención; ou (d) Que a disputa fose admitida na axenda do Consello de Seguridade ou da Asemblea Xeral das Nacións Unidas como parte dunha ameaza á paz internacional, unha violación da paz ou un acto de agresión.

(4) (a) Que os insurxentes teñan unha organización con propósito de ter as características dun Estado. (b) Que a autoridade civil insurxente exercite autoridade de facto sobre a poboación nunha porción determinada do territorio nacional. (c) Que as forzas armadas actúan baixo a dirección dunha autoridade organizada e estean preparadas para observar as leis ordinarias da guerra. (d) Que a autoridade civil insurxente acorde estar rexida polas cláusulas da Convención.

Guerras civís destacadas Século IV Guerra civil da Tetrarquía Romana (306-324): unha das máis grandes e importantes das guerras civís romanas que tivo lugar durante o período da Tetrarquía romana, época na que o Imperio romano dividiuse en catro territorios rexidos por catro emperadores, que loitaron entre si polo dominio do territorio do imperio. Finalmente na decisiva batalla de Adrianópolis o emperador Constantino o Grande logrou reunificar o imperio baixo o seu mandato, evento decisivo para a eventual expansión do cristianismo no mundo occidental

Do século V ao século XV Rebelión de An Lushan (755-763): unha rebelión militar contra o goberno da dinastía Tang da China que empezou en Luoyang. Os rebeldes loitaban para a fundación dunha dinastía nova chamaba Yan. A rebelión foi reprimida no 763, pero o fin da rebelión marcou o comezo da desintegración da dinastía Tang. Conflito güelfo-xibelino (1125-1382): Serie de guerras civís nos territorios do Sacro Imperio Romano Xermánico entre a Casa de Hohenstaufen, emperadores do Sacro Imperio (Os Guibelinos), partidarios do poder político do emperador xermánico contra o papado de Roma baixo o liderado dos estados italianos da Liga lombarda e a xermánica Casa de Welf e os seus aliados (os Güelfos), partidarios do poder supremo do Papa sobre os poderes temporais do emperador. O conflito foi unha derivación da querela das Investiduras (1076-1122), conflito ideolóxico que provocou a caída da dinastía salia que provocou a división entre os partidarios o Papa e o Emperador e que durou varias xeracións de guerras internas entre os estados xermánicos e os territorios do centro e norte da Península Itálica. O conflito tivo entre as súas moitas consecuencias a caída dos Hohenstaufen, o que á súa vez provocou o período de anarquía coñecido como o Gran Interregno e a perda dos territorios italianos do Sacro Imperio, que quedaron divididos nunha serie de estados semi-independentes baixo distintos niveis de influencia dos Estados Pontificios, o que á súa vez derivaría nas Guerras Italianas do Renacemento. Guerra Gempei (1180-1185) Guerra entre os clans Taira, quen exercía o poder de facto en Xapón mediante o cargo de rexentes tras a súa vitoria na rebelión Hōgen de 1156, e os seus rivais Minamoto apoiados polo emperador retirado Go-Shirakawa, quen ao vencer estableceron o Shogunato Ashikaga, réxime que aboliu a estrutura aristocrática do Período Heian para converter ao Xapón nun estado militar. Guerra civil castelá (1366-1369) Entre Pedro I de Castela e o seu medio irmán Henrique de Trastámara, que se traducirá na implantación da nova dinastía. Logo Henrique enfrontarase noutra guerra civil ao seu medio irmán Afonso. Guerra das Dúas Rosas (1455-1485). Conflitos dinásticos entre os membros da Casa de York contra os da Casa de Lancaster, que loitaron intermitentemente por lograr poñer a un dos seus membros como rey de Inglaterra. Terminaría coa Idade Media nas illas británicas, co triunfo final dos Tudor. Guerra de Sucesión castelá (1475-1480). Conflito dinástico entre a raíña Isabel I de Castela, apoiada polo seu esposo Fernando II de Aragón, contra a súa sobriña Xoana de Castela, apoiada polo reino de Portugal e o reino de Francia. miniatura|Batalla campal da guerra de Ōnin, xilografía de Utagawa Yoshitora Guerra Onin (1467-1477) e guerras Sengoku (1476-1615). Serie de guerras civís que tiveron lugar en Xapón tras a perda de poder do Shogunato Ashikaga, que tras un extenso conflito co clan Hosakawa perdeu a capacidade de controlar efectivamente o imperio, o que volveu o goberno central un poder soamente simbólico e decorativo, sumindo o territorio nun estado xeneralizado de anarquía. As distintas provincias do Xapón quedaron repartidas entre caudillos feudais (Daimio) que a partir dese momento exercían o poder autónomo dos seus territorios pola forza e declarábanse constantemente a guerra os uns aos outros para arrebatarse os seus feudos entre si. Tras a entrada no Xapón das armas de fogo importadas de occidente o daimio Nobunaga Oda conseguiu unificar a maior parte do Xapón central entre 1560 e 1582 e tras a súa morte Hideyoshi Toyotomi completou a reunificación do país mediante a rexencia Azuchi-Momoyama en 1590. Á súa morte en 1598 o seu sucesor Hideyori Toyotomi foi desafiado polo seu propio rexente Ieyasu Tokugawa, quen o derrotou na batalla de Sekigahara de 1600, tras a cal se instaurou o Shogunato Tokugawa, que tras esmagar os últimos redutos da resistencia dos leais a Hideyori en 1615 gobernou Xapón sen oposición ata 1868.

Do século XVI ao século XVIII Guerra civil inca (1529-1532). Conflito de sucesión imperial entre Huáscar e o seu medio irmán Atahualpa tras a morte do inca Huayna Cápac e do seu sucesor lexítimo Ninan Cuyuchi pola coroa do Imperio Inca.

Guerra civil inglesa (1642-1651). Insurrección armada dunha coalición parlamentaria de influencia puritana liderada por Oliver Cromwell contra o reinado de Carlos Estuardo, tras a cal se instaurou un goberno republicano denominado como a Mancomunidade de Inglaterra, proceso histórico coñecido como a revolución inglesa.