Vega de Liébana é un concello da comunidade autónoma de Cantabria. Está situado na comarca de Liébana, no extremo occidental da rexión. Limita polo norte con Camaleño e Potes, polo leste con Pesaguero e Cabezón de Liébana, polo sur coa provincia de Palencia e polo oeste coa provincia de León, ambas últimas na comunidade autónoma de Castela e León. A través do Porto de San Glorio, comunica Cantabria coa provincia de León.
Localidades Os seus 936 habitantes (INE, 2006) repártense por: Bárago, 101 hab. Barrio, 61 hab. Bores, 38 hab. Campollo, 68 hab. Dobarganes, 31 hab. Dobres, 90 hab. Enterrías, 18 hab. Ledantes, 74 hab. Pollayo, 13 hab. Tollo, 36 hab. Toranzo, 41 hab. Tudes, 38 hab. Vada, 18 hab. Valmeo, 40 hab. La Vega (Capital), 184 hab. Vejo, 62 hab. Villaverde, 23 hab.
Patrimonio Vega de Liébana é un dos municipios polos que transcorre a Ruta Lebaniega, que enlaza o Camiño de Santiago da Costa co Camiño Francés. Trátase dun ben de interese cultural que percorre, ademais, os municipios de San Vicente de la Barquera, Val de San Vicente, Herrerías, Lamasón, Cillorigo de Liébana, Potes, Cabezón de Liébana e Camaleño.
En Ledantes consérvase a chamada Pisa-Batán de Ledantes, ben de interese local.
Demografía
Administración Elecciones municipais, 25 de maio de 2003 Partido Votos % Concelleiros PRC 383 53,49 % 4 PSOE 166 23,18 % 2 PP 162 22,63 % 1
Alcalde electo: Armando Cuesta González (PRC).Eleccións municipais, 27 de maio de 2007 Partido Votos % Concelleiros PRC 324 46,15 % 3 PP 186 26,50 % 2 PSOE 169 24,07 % 2
Alcalde electo: Gregorio Miguel Alonso Bedoya (PRC).
Categoría:Concellos de Cantabria