Nuno Fernández Torneol ou Nuno Fernandes Torneol foi un trobador de orixe descoñecida, do que se pensa que puido ser un cabaleiro ó servizo dun nobre de Castela. Pénsase que este autor se estableceu na corte do rei Afonso X o Sabio no século XIII.Nuno Fernandes Torneol na Biblioteca Universal

Recoñéceselle a autoría de vinte e dúas composicións, das que trece son cantigas de amor, moi convencionais, oito cantigas de amigo, de estrutura tradicional, e mais unha cantiga de escarnio. Escribía en galego-portugués. Un dos seus textos utilizouse na canción Love Song, arranxada pola banda de rock brasileira Legião Urbana.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Literatura galego-portuguesa Trobadorismo

Categoría:Trobadores en galego-portugués