Manuel Agrasar Cajaraville, coñecido como Barbarroxa, nado en Padrón cara a 1912 e finado en Loureiro (Luou, Teo) o 19 de maio de 1948, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria Mariñeiro voluntario dende 1935, era tripulante do José Luís Díez. Incorporouse ao exército republicano en Asturias. Foi capturado en setembro de 1939. Xulgado en Xixón por rebelión, foi condenado a cadea perpetua. Formou parte da V Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia liderada por Benigno Andrade "Foucellas" e José Remuiñán Barreiro "Ricardito". O grupo foi avistado pola Garda Civil en Loureiro (Luou) o 19 de maio de 1948. A benemérita incendiou a casa onde se refuxiaban os guerrilleiros e Manuel e tres compañeiros máis, Florentino Menéndez Palacio, Ricardo Fernández Carlés e Vicente López Novo, morreron polos disparos das metralladoras; tamén morreu o garda civil Manuel Gardón Castro. "Foucellas" e "Ricardito" lograron fuxir.

O corpo de Manuel foi exhumado no ano 2025, xunto co dos seus compañeiros, da foxa común do cemiterio de Luou onde foran soterrados tras caer abatidos, despois do traballo levado a cabo polo grupo de investigación HISTAGRA.

Vida persoal Casou con María Cortiñas Bóveda.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Padrón Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 1948 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes