Recambios Tucho. 14 Cansiones Recautuchadas é un álbum de estudio do grupo galego de rock Heredeiros da Crus. Características

O disco inclúe quince versións de grupos musicais. Ao non contar coa autorización dos autores para publicar o disco, decidiron distribuílo por conta propia e baixo o nome de Recambios Tucho, debido a que o autor das versións foi Antonio Novo Suárez "Tucho".

En 2009 (durante a separación de Heredeiros da Crus entre 2005 e 2012) a formación Recambios Tucho chegou a dar varios concertos, entre eles na festa da Dorna..

Lista de cancións "Foise con Ruth" (03:33) («Fox on the Run» de Sweet) "Sipri starlux" (03:13) («Ziggy Stardust» de David Bowie) "Ca man dinlle dous" (04:17) («Come on Feel the Noise» de Slade) "Un chico como tú" (02:07) («With a Girl Like You» de The Troggs) "Non me jodas Loló" (04:21) («Whola Lotta Love» de Led Zeppelin) "Vinlle as bolas beibe" (03:33) («Billion Dollar Babies» de Alice Cooper) "Mr. Pelexo" (03:23) («Mr. Pleasant» de The Kinks) "O moscón (na miña habitasión)" (05:13) («She Was Hot» de The Rolling Stones) "El vespino" (02:18) («Mar adentro» de Héroes del Silencio) "Que viva el líder Fran" (03:37) («The Leader of the Pack» de Twisted Sister) "Morden ló" (04:05) («Modern Love» de David Bowie) "Peja la vuelta" (02:51) («Olvídame y pega la vuelta» de Pimpinela) "Juele a cona beibe" (03:58) («We're Not Gonna Take it» de Twisted Sister) "Un velero llamado libertad" (04:05) (José Luis Perales) "Pichurrita corasón" (04:13) («Hoy tengo ganas de ti» de Miguel Gallardo)

Notas

Categoría:Álbums de Heredeiros da Crus Categoría:Álbums musicais de 2001