Xulio Calviño Iglesias, nado na Xesta (Lalín) o 19 de febreiro de 1947, é un profesor e escritor galego.
Traxectoria Comezou os seus estudos na Universidade de Santiago de Compostela e rematounos na Universidade Complutense de Madrid, onde se licenciou en Filosofía e en Literatura Hispánica. Foi catedrático de ensino secundario de Lingua e Literatura Española. Foi director, xunto con Manuel Crespillo, da colección de ensaio Hybris. Colaborou en publicacións como Ínsula, AMASTRA-N-GALLAR. Colaboarou na campaña do Partido Comunista de Galicia nas eleccións xerais de 1977.El Pueblo gallego, 26-5-1977, p. 7.
Obras La novela del dictador en Hispanoamérica, 1985. Método de lengua activa y creativa, 1985. Historia, ideología y mito en la narrativa hispanoamericana contemporánea, 1987. Uxío Novoneyra e os motivos de Circe. Texto poético íntegro de "Tempo de elexía", 1998. Anac(onda), 2004. O galo de Aloysius, 2007. A Morena de Laza, 2008. Carpe Diem, 2014. Vida persoal
É irmán de Mary Carmen Calviño (pintora) e José María Calviño (avogado), e polo tanto tío da filla deste, Nadia Calviño.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Lopo, Antón (1/5/2016) "Xulio Calviño: “Terán que volver os bárbaros para liberarnos”" Sermos Galiza.
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Nados en Lalín Categoría:Nados en 1947 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela