Ortoñiño é un lugar da parroquia de Ortoño no concello coruñés de Ames na comarca de Santiago. Tiña 108 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 61 eran homes e 47 mulleres. Toponimia A aldea aparece no Nomenclátor como Ortoño até 1940, cando pasou a aparecer co nome actual. O topónimo Ortoñiño é un replicante con diminutivo de Ortoño, de posible orixe prerromana."O Seminario de Onomástica responde: Ortoño". Ramón Lorenzo - Real Academia Galega, 4 de novembro de 2024.

Notas

Lugares e parroquias Lugares de Ortoño

Parroquias de Ames

Categoría:Lugares de Ames