Valdeprado del Río é un concello da comunidade autónoma de Cantabria, España. Atópase na comarca de Campoo-Los Valles e limita polo norte cos municipios de Campoo de Enmedio e Las Rozas de Valdearroyo, polo sur con Valderredible, polo oeste con Valdeolea e a provincia de Palencia e polo leste coa provincia de Burgos, ambas provincias parte da comunidade autónoma de Castela e León.
Este municipio ten como principais vías de comunicación a A-67 e a N-611.
Localidades Os seus 291 habitantes (INE, 2006) distribúense por: Aldea de Ebro, 5 hab. Arcera, 19 hab. Arroyal (Capital), 55 hab. Barruelo, 28 hab, dos que 7 viven en Montes Claros. Bustidoño, 12 hab. Candenosa, 6 hab., o pobo a maior altitude de Cantabria. Hormiguera, 33 hab. Laguillos, 8 hab. Malataja, 16 hab. Mediadoro, 9 hab. Reocín de los Molinos, 15 hab. San Andrés, 24 hab. San Vitores, 12 hab. Sotillo, 20 hab. Valdeprado del Río, 29 hab.
Patrimonio Destaca Aldea de Ebro, ben de interese cultural con categoría de conxunto histórico. Ademais, o Mosteiro de Montesclaros é ben inmoble de interese local.
Demografía
Administración Eleccións municipais, 25 de maio de 2003 Partido Votos % Concelleiros PP 178 64,49 % 5 PSOE 56 20,29 % 1 PRC 40 14,49 % 1
Alcalde electo: Jaime Soto Marina (PP).Eleccións municipais, 27 de maio de 2007 Partido Votos % Concelleiros PP 155 57,84 % 4 PSOE 72 26,87 % 2 PRC 38 14,18 % 1
Alcalde electo: Jaime Soto Marina (PP).
Categoría:Concellos de Cantabria