miniatura|300px|O cordeiro, unha das primeiras especies en ser domesticadas. A domesticación é a acción ou o efecto de facer doméstico algún ser vivo, é dicir, que viva a carón do ser humano, que se críe na casa. O termo deriva do latín domus, que significa «casa», e domesticus, que ten o mesmo significado que o termo actual. Describe o paso dende estado salvaxe a estado doméstico dalgúns animais pola acción do home. Este proceso prodúcese por mor dos intereses humanos de obter das especies salvaxes alimento, servizo, compaña, roupa, etc.,e comezou hai arredor de once mil anos.
Unha especie domesticada, animal ou vexetal, é unha especie que desenvolveu unhas características morfolóxicas, fisiolóxicas, ou mesmo comportamentais novas e hereditarias, como resultado dunha interacción prolongada, dun control ou dunha selección á mantenta por parte do ser humano.
A domesticación fai referencia tamén ó estado no cal a reprodución, as curas e a alimentación dos animais, ou o ciclo das plantas son controlados de xeito máis ou menos directo polo ser humano. Na linguaxe corrente, a expresión «animal doméstico» emprégase acotío no senso de animal de compaña. Este último termo pódese aplicar a un animal individual, mentres que a domesticación concirne unha poboación ou unha especie enteira. Unha acepción ampla da domesticación tende a tratar tódalas formas de interacción regular da especie humana cunha especie animal.
A principal utilidade das plantas e animais domésticos é a produción de alimentos, así como a doutros produtos útiles como a la, o algodón, ou a seda. Malia isto, os motivos da práctica da gandería ou da agricultura non son sempre estritamente utilitarios e inclúen o pracer, a recreación ou prácticas relixiosas. A domesticación das plantas e dos animais veu da man dos inicios da agricultura e foi un factor esencial no desenvolvemento da civilización. No pasado permitiu a revolución neolítica, mais tamén é un proceso que aínda se mantén até a actualidade. miniatura|Carpas koi, variedade ornamental da carpa.
O proceso de domesticación Datas e lugares de domesticación miniatura|esquerda|250px|Figura en bronce dun bode atopada en Cefisia, probablemente fabricada en Ática no século -V. As domesticacións esténdense dende o neolítico até a actualidade, agás a do can, que precede en diversos millenios a cría doutras especies e a sedentarización. A Idade Media é un período no que non se coñece ningunha nova achega na domesticación, mentres que a partir do século XIX prodúcese unha importante medra de novas especies criadas, e nalgúns casos pódese falar de domesticación.
As datas e os lugares das antigas domesticacións foron calculados con procedementos esencialmente arqueolóxicos, e máis polo miúdo, arqueozoolóxicos. Estes métodos consisten en examinar ou revisar os resultados das escavacións con ocupación humana prehistórica. Os restos animais son datados segundo os métodos arqueolóxicos: Determínase a especie á cal pertencen; Considérase igualmente a idade á cal morreu, así como o tipo de animal (posiblemente domesticado), que representan; Baséase noutros indicios como os rastros observables de sacrificios e matanzas.
Trátase de determinar a presenza ou non de animais salvaxes ou de cría, e máis globalmente a natureza das súas relacións cos humanos. Deste xeito, o esqueleto dun gato que atopado a carón dunha tumba humana indica que se trataba probablemente dun animal de compaña.Un chat apprivoisé à Chypre, plus de 7000 ans avant J.C., Comunicat del CNRS, Abril del 2004. Article original: J.-D. Vigne, J. Guilaine, K. Debue, L. Haye i P. Gérard, Early taming of the cat in Cyprus, Science, 9 de abril de 2004. Unha certa homoxeneidade na idade dos animais atopados indica a existencia dunha gandería na que se mataban os animais á idade óptima.
As novas técnicas, e en particular o estudo do ADN mitocondrial, permiten revisar as datas de domesticación, así como a árbore xenealóxica das especies domésticas actuais, polo que estes coñecementos continúan evolucionando. A liñaxe do can, en particular, teríase separado da do lobo hai entre 150 000 e 100 000 anos. É posible que o devanceiro do can se asociase con grupos humanos que seguía para obter restos de comida, tendo un papel de alerta, ou mesmo de axuda na caza. A data de domesticación que dan as fontes arqueolóxicas correspondería entón cun intre no que a relación se fixo máis estreita e existía un control máis grande do home sobre o animal, hai uns 17 000 anos.BBC NEWS|Science/Nature|Origin of dogs traced miniatura|280px|Bestiario no Antigo Exipto, contra o -1400.
O proceso de domesticación e a difusión das especies e técnicas de gandería esténdense sobre longos períodos de tempo e non están ben determinados. Por diversas especies recoñécense diversos centros de domesticación diferentes. Isto non exclúe os cruzamentos que se fixeron posteriormente, e semella inútil tentar determinar o devanceiro salvaxe de cada raza dunha especie doméstica.
Despois da do can, o primeiro escenario no que es produciu a domesticación foi no Oriente Próximo, en particular na parte que chamada Crecente Fértil. Tamén destaca Asia oriental, a conca do Mediterráneo e América do Sur. Algunhas rexións do mundo non coñeceron ningunha domesticación de especies locais até épocas moi recentes, como é o caso de Australia ou o sur de África.
Nalgunhas áreas, a domesticación produciuse de xeito independente, por evolución cultural dos grupos humanos locais e por adaptación de especies silvestres locais. Noutras, a domesticación foi influída (pola domesticación de especies locais a partir do coñecemento doutras áreas) ou importada (por pasar o cultivo e a gandería de especies xa domesticadas a outras áreas). Hai 5 áreas nas que existen probas concluíntes de domesticación independente, 4 máis nas que hai indicios e 3 máis onde se produciu a domesticación despois de recibir influencia foránea. A táboa seguinte amosa estes territorios e algúns exemplos de especies domesticadas.
Zonas de domesticación de especies locais producida de xeito independente ou por influencia foránea Zona Especies domesticadas 1ª data comprobada de domesticación Plantas Animais Zonas de domesticación local independente Sueste de Asia (Crecente fértil) trigo, chícharo, oliva ovella, cabra -8500 China (concas do río amarelo e do río Yangstsé) arroz e millo miúdo porco, eiruga de seda antes do -7500 Mesoamérica (centro e sur do México actual) millo, feixón, caiota, pataca, mandioca pavo antes do -3500 Os Andes e a Amazonia pataca, mandioca llama, coello das indias antes de -3500 Leste dos actuais Estados Unidos xirasol, quinoa ningún animal local domesticado antes de -2500 Zonas de posible domesticación local independente Sahel africano sorgo, arroz africano galiña de Guinea antes do -5000 África Occidental de clima tropical iñame, palma de aceite ningún animal local domesticado antes do -3000 Etiopía café, tef ningún animal local domesticado ? descoñécese a datación Nova Guinea Cana de azucre, banana ningún animal local domesticado ? posiblemente -7500 Zonas de domesticación local despois da chegada de cultivos procedentes doutras zonas Europa Occidental durmideira, avea común ningún animal local domesticado entre o -6000 e -3500 Val do Indo sésamo, berenxena cebú -7000 Exipto sicómoro, xunca doce burro, gato -6000 Fonte:
O número de especies domésticas dispoñibles aumentou drasticamente a partir do século XVI en ámbolos costados do Atlántico, co que se chamou intercambio colombiano. O continente americano tiña con anterioridade cinco especies de animais domésticas, das cales só o can era coñecido no mundo antigo. Os cabalos e bois chegaron a América a través deste intercambio, mentres que un gran número de plantas domésticas americanas foron introducidas en Europa, Asia e África.
Proceso de domesticación Téñense proposto diversas situacións iniciais que conducirían á domesticación de animais. A tradición de adoptar crías de animais é un fenómeno que explica a orixe da domesticación, e dende esta maneira é doado obter animais que se familiarizaron dende pequenos cos humanos. Porén, é preciso lembrar que o proceso de domesticación implica a cría de liñaxes de animais durante moitas xeracións, que non é o que pasaría se se capturasen sempre novos animais salvaxes. Por outra banda, esta práctica, que aínda existe na actualidade, é característica dos pobos cazadores-recolectores, que precisamente non teñen animais domésticos. Por este motivo, estes aprovisionamentos estarían integrados nunha cultura baseada na caza e non na gandería, e existiría unha oposición entre sociedades «de aprovisionamento» e sociedades «de domesticación».J. F. Downs, Domestication: an examination of the Changing Social Relationship Between Man and Animals, 1960, citado por J.-P. Digard.Philippe Descola, Pourquoi les Indiens d'Amazonie n'ont-ils pas domestiqué le Pécari ? en De la préhistoire aux missiles balistiques B. Latour i P. Lemonnier (dir), París, 1994, La Découverte: 329-344 Este sistema non semella poder ser considerado un xeito de domesticación. Ademais, mentres que o factor cultural é probablemente esencial para explicar a domesticación (ou a non-domesticación) dunha especie, o sistema económico e cultural dunha sociedade non é fixo. A meirande parte das sociedades baseadas na caza crían cans, polo que este sistema sería un elemento chave da domesticación.Jean-Pierre Digard, L'homme et les animaux domestiques: Anthropologie d'une passion, 1990.
É posible que a domesticación pasase por unha fase de mutualismo entre animais e seres humanos, é dicir, un achegamento e unha axuda mutua. De feito, esta relación obsérvase aínda hoxe no can paria, e crese que foi unha etapa da domesticación do porco.
Diversas especies foron obxecto dunha tradición de caza que posteriormente evolucionaron cara a un control das poboacións, e unha xestión de poboación salvaxe razoable. Esta caza podería terse convertido en selectiva, escollendo, por exemplo, os animais meirandes e os machos con proporcións máis grandes, e conducindo cara a un tipo de gandaría extensiva, máis intensificada. Todos estes estadios practícanse actualmente cos renos en diferentes rexións. Este proceso semella ter afectado a diferentes especies, entre as cales destacan as cabras, as ovellas, e pequenos camélidos como as llamas.
Finalmente, a gandería quizais comezou sinxelamente con animais capturados e despois criados en estrita catividade. Este é o caso da maioría de domesticacións recentes ou contemporáneas. É nesta situación que o control e a selección poden ser máis fortes, facendo posible unha transformación máis rápida das especies seleccionadas. O guión de domesticación dunha especie podería ter ocorrido segundo un destes esquemas ou ter sido unha combinación simultánea ou sucesiva.
No caso do coello, as etapas da domesticación foron establecidas na Idade Media, que constitúen unha reserva de caza. Con algúns destes coellos practicouse unha selección, permitida pola captura dos animais vivos grazas ós furóns. Esta selección conduciu á aparición das primeiras variedades de coello durante o século XVI, que se distinguen pola súa cor e o seu tamaño.Van Damme, Dirk; Ervynck, Anton: Furets et lapins médiévaux au château de Laarne (Flandres orientales, Belgique). Contribution à l'histoire d'un prédateur et de sa proie, Universidade de Liexa, 1991, ISSN 077724913. citado en Promethee.philo . A gandería intensificouse e a forte selección levou a unha gran variabilidade de razas domésticas. O comportamento do coello de gandería evolucionou probablemente de xeito conxunto por mor dunha selección de animais menos salvaxes, podendo ser unha selección tan intencional como indirecta; os animais máis difíciles de recapturar non podían ser dados a novos criadores.