Justin Drew Bieber, nado en London (Ontario) o 1 de marzo de 1994, é un cantante de pop canadense. Bieber lanzou o seu primeiro EP, My World a finais de 2009 e conseguiu disco de platino nos Estados Unidos. Converteuse no primeiro artista en ter sete cancións do seu primeiro traballo nas listas musicais de Billboard Hot 100. Bieber lanzou o seu primeiro álbum de estudio, My World 2.0, no 2010. Conseguiu o número 1 en varios países e conseguiu o disco de platino nos Estados Unidos. Foi precedido polo sinxelo "Baby".
Traxectoria O seu primeiro álbum, My World, saíu ao mercado en 2009. En 2010 chegou My World 2.0. Os dous lanzamentos foron bastante exitosos, chegando o segundo deles a ocupar a primeira posición na lista Billboard 200.
Discografía My World 2.0 (2010) Under the Mistletoe (2011) Believe (2012) Purpose (2015) Changes (2020) Justice (2021)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina web oficial
Categoría:Cantantes do Canadá Categoría:Nados en 1994 Categoría:Nados en London, Ontario