Santiurde de Toranzo é un concello da comunidade autónoma de Cantabria, España. Limita polo norte con Santa María de Cayón, Castañeda e Puente Viesgo, polo sur con Vega de Pas e Luena, polo oeste con Corvera de Toranzo e polo leste con Villafufre e Villacarriedo. Atópase na comarca do Pas-Miera (ou Vales Pasiegos) e polo seu territorio corre o río Pas.

Localidades Acereda Bárcena Iruz Pando Penilla San Martín Santiurde de Toranzo (Capital) Vejorís Villasevil

Patrimonio Dentro do seu patrimonio artístico destacan tres Bens de interese cultural con categoría de monumento: a igrexa de Santa Cecilia de Villasevil, que conserva unha ábsida románica; a igrexa parroquial da Asunción de Acereda; e a Torre de Villegas, en Villasevil. Tamén hai un Ben de interese local, o Santuario de Nuestra Señora del Soto, en Iruz.

Economía

Un 18,7% da poboación activa do municipio emprégase no sector primario, un 20,1% na construción, un 21,9% na industria e un 39,3% no sector terciario. A taxa de actividade é do 43,3% e a taxa de paro é do 11,1%.

Demografía

Administración

Eleccións municipais, 25 de maio de 2003 Partido Votos % Concelleiros PP 680 57,58 % 5 PRC 249 21,08 % 2 PSOE 236 19,98 % 2

Alcalde electo: Aniceto Pellón Rodríguez (PP).Eleccións municipais, 27 de maio de 2007 Partido Votos % Concelleiros PP 586 50,65 % 5 PRC 347 29,99 % 3 PSOE 218 18,84 % 1

Alcalde electo: Aniceto Pellón Rodríguez (PP). </center> Notas

Categoría:Concellos de Cantabria