Charles Brandon Polk II, nado o 9 de xaneiro de 1984 en Wichita, Kansas, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense con pasaporte comunitario actualmente cos Hobart Chargers de Tasmania (Australia). O seu último foi o Lobe Huesca na Liga LEB. Formado na Universidade de Butler, e cunha altura de 2,00 metros, xoga habitualmente de ala-pivote.

Traxectoria Brandon Polk formouse no instituto de North Redlands en Wichita, Kansas, a súa cidade natal, co cal conseguiu acadar o subcampionato a nivel estatal na temporada 2004. Ese mesmo ano ingresa na Universidade de Butler, onde disputa a NCAA, e onde permaneceu durante dúas temporadas, de 2004 a 2006. Ao graduarse rematou cunhas medias de 18 puntos e case 5 rebotes, co que obtivo o título de MVP da súa conferencia no seu último ano. Esa tempada tamén foi o terceiro máximo anotador da mesma, ademais do mellor en porcentaxe de tiro e tapóns.

Finalizada a súa etapa universitaria móvese a Europa, onde xoga no seu primeiro ano na liga suíza co Benetton Fribourg Olympic, co que gaña a Liga e a Copa. Ao ano seguinte recalou en Finlandia, onde xogou co KTP Kotka e co Kauhajoen Karhu, equipo co que tamén gañou a Liga e a Copa do país, onde xogou até 2009, proclamándose novamente Campión da Liga Regular e Campión de Liga. Unha vez concluída a súa última tempada en Finlandia, disputou a Liga ABA de Australia cos Hobart Charges.O Leite Río Breogán incorpora ao ala-pivote Brandon Polk

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en Australia Basket Perfil na web da Universidade de Butler

Categoría:Xogadores do Club Baloncesto Breogán Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1984 Categoría:Nados en Kansas