miniatura|150px|Xerarquías da clasificación sistemática. A familia é, en bioloxía, a unidade sistemática ou taxonómica situada entre a orde e o xénero, ou entre a superfamilia e a subfamilia se estivesen descritas.
En botánica a desinencia latina da familia é -aceae, e en galego -áceas, agás algunhas familias debido ao uso tradicional do nome.
En zooloxía a desinencia latina da familia é -idae, e en galego -idos (en palabra sempre esdrúxula).
Igual que ocorre con outros niveis na taxonomía dos seres vivos, e debido á enorme dificultade á hora de clasificar certas especies, varias familias poden agruparse en superfamilias, e os individuos dunha familia poden organizarse en subfamilias (e estes á súa vez en infrafamilias).
Niveis de clasificación (de xeral a concreto) Orde [Suborde] [Infraorde] [Superfamilia] Familia [Subfamilia][Infrafamilia] [Superxénero] Xénero
(os niveis obrigatorios marcáronse con fondo rosa) Véxase tamén
Outros artigos Familia (botánica)
Categoría:Taxonomía