O Holocausto —ou polo seu termo hebreo, Shoá (traducido como «A Catástrofe»)— foi o xenocidio executado contra os xudeus de Europa durante a segunda guerra mundial. Entre 1941 e 1945, a Alemaña nazi e os seus aliados asasinaron sistematicamente ao redor duns seis millóns de xudeus a través de tódolos territorios ocupados polos alemáns durante a guerra en Europa, véxase dous terzos da poboación xudía do continente, converténdose así no maior xenocidio do século XX. Os asasinatos leváronse a cabo principalmente mediante fusilamentos en masa e gas velenoso en campos de exterminio, tales como os de Auschwitz-Birkenau, Treblinka, Belzec, Sobibor, ou Chełmno na Polonia ocupada. Outras persecucións nazis mataron a un número semellante ou maior de civís non xudeus e prisioneiros de guerra; o termo Holocausto emprégase de cando en vez para incluír o asasinato e a persecución de diversos grupos.
O vocábulo ten orixes remotas en sacrificios rituais pagáns da antigüidade en que animais (ás veces até seres humanos) eran ofrecidos ás divindades, sendo completamente queimados durante a noite. A partir do século XIX, o termo "holocausto" pasou a designar grandes catástrofes e masacres, até que trala segunda guerra mundial o termo "Holocausto" (con inicial maiúscula) pasou a ser utilizado especificamente para se referir ao xenocidio sistemático realizado polos nazis contra varios grupos étnicos, relixiosos, nacionais e outros grupos durante a segunda guerra mundial.
Terminoloxía miniatura|Vítimas chegadas de Hungría ao campo de exterminio de Auschwitz, maio de 1944.|esquerda miniatura|Cadáveres atopados en Bergen-Belsen, 19 de abril de 1945.|esquerda Os primeiros en empregar o vocábulo "holocausto" foron os historiadores xudeus de finais da década de 1950. A xeneralización do termo produciuse a finais da década seguinte.Por exemplo, no seu informe sobre o xuízo a Eichmann, Eichmann en Xerusalén, de 1963-64, Hannah Arendt aínda emprega a expresión «solución final». Esta palabra procede da tradución grega do texto masorético coñecida como Versión dos setenta, en que o vocábulo olokaustos (ὁλόκαυστος: de ὁλον, 'completamente', e καυστος, 'queimado') traduce unha palabra hebrea que se refire a un sacrificio consumido polo lume.Crónica del Holocausto, pág. 57; en ocasións, pódese atopar citado como termo grego a forma ὁλοκαύτωμα (holokáutoma), composta de ὅλος (hólos) «todo», «totalmente», e de καῦσις (káusis), «cremación». Hai quen supón ademais que holocausto podería tamén remitir ao «ascendente» ou ofrenda sacrificada e completamente queimada dalgún antigo sacrificio ritual bíblico. Para unha discusión, véxase Tracey R. Rich, "Qorbanot: Sacrifices and Offerings", Judaism 101, "Olah: Burnt Offering", 1998-2011; e "Burnt Offering", Jewish Encyclopedia, 1906 (consultados o 24 de outubro de 2013).
Tamén se emprega para nomealo o vocábulo Shoá, Shoah ou Sho'ah),Cf. Narrating the Holocaust. procedente do hebreo e que significa "catástrofe".O termo apareceu por primeira vez nun folleto publicado en Xerusalén en 1940 polo «Comité Unido de Axuda aos Xudeus de Polonia» (Louis Weber, «Crónica del Holocausto», en Crónica del Holocausto, s. p.). A palabra forma parte da expresión Yom ha-Sho'ah, coa que se nomea en Israel o día oficial da Memoria do Holocausto.
En yidish para referirse ao Holocausto emprégase a expresión hurb'n eiropa, que posúe o significado de "destrución (das comunidades xudías) de Europa", incluíndo tamén a cultura das mesmas.Na súa versión en inglés, a Crónica do Holocausto fai simplemente referencia a "churb'n", vocábulo ao que atribúe o significado de «destrución» (pág. 57); así, a idea de ruína tampouco á allea ao mesmo.
En cando á historia do uso do vocábulo "holocausto", dende o século XVI empregouse a expresión holocaust na lingua inglesa para catástrofes extraordinarias de incendios con gran cantidade de vítimas. No século XVIII a palabra adquiriu un significado máis xeral de morte violenta dun gran número de persoas.No século XII o monxe e cronista inglés Richard of Devizes utilizou a expresión holocaust na súa narración da coroación de Ricardo Corazón de León, refiríndose ás matanzas de xudeus en Londres iniciadas a partir do rumor de que foran ordenadas polo rei.
Antes do xenocidio xudeu perpetrado polos nazis, Winston Churchill utilizou a expresión holocaust na súa publicación The World Crisis en referencia ao xenocidio armenio en Turquía.The World Crisis, vol. 4: The Aftermath, Nova York, 1923, p. 158.
En relación ao uso da palabra holocausto para referirse ao xenocidio de aproximadamente seis millóns de xudeus europeos durante a segunda guerra mundial,Donald L. Niewyk, en The Columbia Guide to the Holocaust,Columbia University Press, 2000, páx. 45, defíneo así: «O Holocausto é comunmente definido como o asasinato de máis de 5 millóns de xudeus polos alemáns no transcurso da segunda guerra mundial». na entrada «Holocaust» da Encyclopaedia Britannica (2007), a definición é a seguinte:
A persecución e o asasinato dos xudeus non se desenvolveron exclusivamente en Alemaña ou nos distintos campos de exterminio, senón que tamén tiveron lugar en Rusia, Europa Oriental e na península balcánica, onde os alemáns e os seus colaboradores (austríacos, lituanos, letóns, ucraínos, húngaros, romaneses, croatas e outros) levaron a cabo múltiples matanzas de xudeus en fosas, bosques, barrancos e trincheiras.Wistrich, op. cit., páxs. 20 y 23.
A cuestión organizativa e o papel de Hitler
A historiografía sobre o nazismo e o Holocausto discutiu desde sempre o grao de deseño ou organización previa coa que levou a cabo o xenocidio e, así mesmo, o grao de implicación de Hitler, tanto no que se refire a se houbo unha orde directa e explícita do mesmo para que se iniciase, como en se houbo respaldos explícitos pola súa banda durante a súa execución.
No estado actual de coñecementos, parece asentada a idea de que o Holocausto non se desenvolveu seguindo as directrices de ningún plan perfectamente definido; de feito, non se ten constancia de ningún documento que recollese un deseño específico para o mesmo. Así as cousas, considérase que:
En canto ao grao de responsabilidade directa de Hitler, Adolf Eichmann lembrou, anos despois de terminada a guerra, que Heydrich comunicaralle que tiña unha orde de Hitler para exterminar fisicamente aos xudeus.Evans, op. cit., páx. 330. Nesta liña, ata a década de 1970Durante esta década, a investigación sobre o Terceiro Reich foi aos poucos cambiando de enfoque: pasouse do chamado «enfoque intencionalista», centrado nos individuos, ao coñecido como «enfoque estructuralista» ou «funcionalista», máis centrado nas estruturas e sistema de goberno. aceptábase que a «solución final» púxose en marcha a partir dunha orde directa de Hitler. Con todo, en 1977 o historiador Martin Broszat deu un xiro a esta visión dos feitos notando que Hitler non dera ningunha «orde exhaustiva de exterminio xeral», senón que foran os «problemas para aplicar a deportación xeral», tras a invasión da URSS, os que levaran aos dirixentes nazis a iniciar os asasinatos en masa de xudeus nas rexións que estivesen baixo o seu mandato. Só retrospectivamente, eses asasinatos serían notados pola dirección nazi e reconvertidos nun programa de exterminio máis xeral e concienzudo.Kershaw, «El papel de Hitler en la Solución Final», en Hitler, los alemanes y la Solución Final, páxs. 163-164. En concreto,
Esta liña de interpretación sería apoiada desde 1983 por outro historiador, Hans Mommsen, quen insistiu na idea de que a solución final xurdiu a partir dos fragmentados procesos de toma de decisións do nazismo, os cales permitirían as iniciativas particulares respecto diso e a acumulación da radicalización das mesmas. Para el, está claro que Hitler coñecía e aprobaba todo o que sucedía, pero a improbabilidade de que puidese haber unha orde formal súa en relación ao xenocidio compleméntase perfectamente cos seus intentos explícitos de ocultar a súa responsabilidade persoal e, subconscientemente, de suprimir a realidade circundante.Kershaw, «Hitler y el Holocausto», en Hitler, los alemanes y la Solución Final, páxs. 393-394.
Con todo, houbo historiadores, como Christopher R. Browning, que mantiveron a idea dunha decisión concreta de Hitler, que tería lugar durante o verán de 1941 e cuxo reflexo sería a orde de Göring a Heydrich pola que lle instaba a preparar unha solución total á «cuestión xudía» (outros historiadores, como Philippe Burrin, non vían detrás deste mandato a orde de Hitler). A aprobación do plan de exterminio por parte de Hitler ocorrería a finais de outubro ou novembro dese ano, unha vez paralizada a invasión á URSS.Íbidem, páxs. 188-168.
Outras hipóteses respecto diso apuntaron a xaneiro de 1941 como data para unha decisión de Hitler de exterminar os xudeus (Richard Breitman); a agosto de 1941, xusto ao coñecerse a declaración da Carta do Atlántico asinada por Roosevelt e Churchill (Tobías Jersak); a decembro dese mesmo ano (Christian Gerlach); e, mesmo, a xuño de 1942, xusto despois do asasinato de Reinhard Heydrich en Praga (Florent Brayard).
Son seguras, con todo, as súas declaracións xustificativas do xenocidio, especialmente concentradas durante os primeiros meses de 1942, e con referencias directas que demostran o seu coñecemento do mesmo.Evans, El Tercer Reich, páx. 346 e ss.
Nas dúas últimas décadas, e dado que ademais de que non se atopou ningunha orde de Hitler relacionada co Holocausto, «parece improbable que Hitler dese unha orde única e explícita para executar a solución final»,Kershaw, «El papel de Hitler en la Solución Final», en Hitler, los alemanes y la Solución Final, páx. 197. a historiografía decantouse pola idea de que nunca se tomou unha decisión única e específica de matar os xudeus de Europa.Véxase o estudo de 1995 por Aly Götz. Con todo, durante o seu proceso en Xerusalén en 1961, Adolf Eichmann confesou que durante a Conferencia de Wannsee (1942) «estudáronse con rigor os [máis efectivos] métodos para exterminar a todo o pobo xudeu que vivía en Europa».
En relación a Hitler, cuxo papel principal sería o dunha especie de árbitro entre os líderes nazis que foron tomando as decisións que desembocaron no xenocidio, o historiador Ian Kershaw falou da súa «autoridade carismática» como fonte do mecanismo psicolóxico mediante o cal os seus subordinados traballaban con Así as cousas, o seu papel respecto diso é menos evidente do que pode parecer a primeira ollada. Os historiadores non chegaron a ningún acordo claro en relación ao grao de intervención directa de Hitler para dirixir a política de exterminio, o que inclúe o debate acerca de se houbo pola súa banda unha orde ou, mesmo, se houbo necesidade da mesma.Kershaw, "¿Genocidio improvisado? La aparición de la Solución Final en el Warthegau", en Hitler, los alemanes y la Solución Final, páxs. 134-135. As dificultades respecto diso radican, ao parecer, no estilo de liderado de Hitler, moi pouco burocrático e que, desde que comezou a guerra, fomentou o segredo e o encubrimento transmitindo as súas ordes e desexos só de forma verbal e naqueles casos, sobre todo os máis sensibles, en que era algo estritamente necesario.Kershaw, «El papel de Hitler en la Solución Final», en Hitler, los alemanes y la Solución Final, páx. 162. Orixes históricas e ideolóxicas do Holocausto
Substrato ideolóxico
O Terceiro Reich impúxose como un dos seus obxectivos prioritarios a reestruturación racial de Europa. Nela, desempeñou un papel fundamental o antisemitismo, que se incardinou en
Ademais desta ideoloxía, a execución do xenocidio tivo como soporte á sociedade alemá, a máis moderna e con máis nivel de desenvolvemento técnico de Europa, e que contaba cunha burocracia organizada e eficiente.Wistrich, op. cit., páx. 20.