miniatura|Cartel deseñado por Peter Behrens para unha exposición da Deutsche Werkbund en Colonia, 1914. A Deutscher Werkbund (DWB) foi unha asociación mixta de artesáns, artistas, arquitectos e industriais, fundada en 1907 en Múnic. Esta asociación converteuse nun elemento importante no desenvolvemento da arquitectura moderna e do deseño industrial, e especialmente na posterior creación da Escola Bauhaus de deseño.

Obxectivos O seu obxectivo inicial era establecer unha asociación de fabricantes de produtos con profesionais de deseño, mellorando a competitividade das empresas alemás nos mercados globais, principalmente o inglés e o estadounidense. O lema do movemento era Vom Sofakissen zum Städtebau (en galego, desde almofadas de sofás ata a construción da cidade).

Emporiso, existíron crecentes diverxencias entre a artesanía e a produción industrial, xa que algúns dos seus membros, como Hermann Muthesius e Nauman, defendían a estandarización e outros, coma Henry van de Velde e Gropius, eran máis partidarios do individualismo. Este conflito, coñecido como Werkbundstreit, estivo a piques de rematar coa asociación, pero a necesidade xeneralizada de produtos de consumo despois da primeira guerra mundial fixo que moitos aceptaran a necesaria estandarización e produción industrial.

Historia O Deutscher Werkbund xurdiu cando o arquitecto Joseph Maria Olbrich marchou de Viena para Darmstadt (Alemaña), en 1899, coa intención de formar unha colonia de artistas por invitación de Ernest Louis, gran duque de Hesse. Esta colonia foi fundada por Josef Maria Olbrich, Peter Behrens, Richard Riemerschmid e Bruno Paul, entre outros, en 1907 na cidade de Múnic, a instancias de Hermann Muthesius.

A organización orixinalmente incluíu doce arquitectos e doce empresas comerciais. Entre estes arquitectos estaban Peter Behrens, Theodor Fischer, Josef Hoffmann, Bruno Paul e Richard Riemerschmid. Outros afiliados ao proxecto eran Heinrich Tessenow e o belga Henry van de Velde. O Werkbund encomendou a Van de Velde deseñar un teatro para a súa Exposición de 1914 en Colonia. A exposición foi pechada e os edificios desmontados antes da data sinalada polo estalido da primeira guerra mundial. Entre os membros máis destacados de Werkbund estaba o arquitecto Ludwig Mies Van der Rohe, que foi o seu director arquitectónico.

A Deuscher Werkbund estendeuse pronto por Austria, coa formación da Österreichischer Werkbund, e Suíza, coa Swiss Werkbund. Esta primeira etapa duraría ata 1934, sendo disolta na época do Terceiro Reich, e reiniciada unha vez pasada a segunda guerra mundial, no ano 1949.

Principais datas 1907, establecemento da Deutscher Werkbund en Munic. 1910, Salon d'Automne, en París. 1914, exposición da Werkbund en Colonia, pechada polo estalido da primeira guerra mundial. 1920, Lilly Reich, primeira muller na dirección. 1924, exhibición de Berlín. 1927, exposición en Stuttgart, que incluía a Weissenhofsiedlung, unha exposición de arquitectura baixo a dirección de Mies van der Rohe. 1929, exhibición en Wrocław. 1938, a Deutscher Werkbund é cerrada polas autoridades nazis. 1949, reestablecemento, despois da segunda guerra mundial.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial da Deutscher Werkbund

Outros artigos Arquitectura moderna

Categoría:Deseño industrial