Michael Gordon Oldfield, nado en Reading (Berkshire) o 15 de maio de 1953, é un músico solista multinstrumental e compositor inglés. O seu estilo é moi amplo, e varía entre o rock ou rock progresivo, a música étnica ou de raíz, a clásica e a electrónica.

Biografía Os pais de Mike Oldfield foron Maureen e Raymond Oldfield. A súa irmá Sally e o seu irmán Terry son músicos de éxito por si mesmos, e aparecen en moitos dos seus discos.

Logo das súas primeiras experiencias coa súa irmá Sally, en 1971 Mike Oldfield tratou de encontrar unha discográfica que puidese editar o seu primeiro disco, que constaba dun só tema instrumental (con multitude de instrumentos e quizais na onda do rock progresivo de Pink Floyd), mais todas as casas discográficas o rexeitaron. Foi así como coñeceu a Richard Branson, por entón propietario dunha tenda de música chamada Virgin. Branson inmediatamente aceptou producir o traballo de Oldfield, para o cal este pechouse nun estudio de gravación durante case un ano.

O resultado desta gravación foi a publicación, o 25 de maio de 1972 do primeiro traballo de Oldfield: O Tubular Bells (1972), que foi tamén o primeiro en publicarse baixo o selo Virgin Records. Virgin Records continuou editando os sucesivos traballos de Oldfield ata 1990.

Discografía Álbums de estudio (1973) Tubular Bells (1974) Hergest Ridge (1975) Ommadawn (1978) Incantations (1979) Platinum (1980) Airborn (1980) QE2 (1982) Five Miles Out (1983) Crises (1984) Discovery (1987) Islands (1989) Earth Moving (1990) Amarok (1991) Heaven's Open (1992) Tubular Bells II (1994) The Songs of Distant Earth (1996) Voyager (1998) Tubular Bells III (1999) Guitars (1999) The Millennium Bell (2003) Tubular Bells 2003 (2005) Light + Shade (2008) Music of the Spheres (2014) Man on the Rocks (2017) Return to Ommadawn

Bandas sonoras (1973) Tubular Bells, que non é propiamente unha banda sonora, mais é usada na banda sonora da película O exorcista. (1984) The Killing Fields - banda sonora para o filme do mesmo nome. (2002) Tr3s Lunas aka Tres Lunas - banda sonora dun xogo.

Álbums en directo (1979) Exposed

Compilacións e remesturas (1975) The Orchestral Tubular Bells (1976) Boxed (1979) Impressions (1980) Music Wonderland (1981) Episodes (1985) The Complete Mike Oldfield (1987) A Virgin Compilation (1990) Collector's Edition Box I & II (1993) Elements - The Best of Mike Oldfield (1CD) (1993) Elements 1973-1991 (4CD) (1997) XXV: The Essential (2001) The Best of Tubular Bells (2002) Collection

DVD (1992) Tubular Bells II - The World Première Live From Edimburg Castle (1998) Tubular Bells III - The World Première Live From Horseguards Parade, London (1999) The Art In Heaven Concert - The Millennium Bell - Live from Berlin (2004) Elements (2005) Exposed

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Nados en 1953 Categoría:Nados en Reading Categoría:Músicos de Inglaterra Categoría:Compositores Categoría:Solistas